O país que lidera a sinistralidade laboral

O país que lidera a sinistralidade laboral

Os dados en Galiza de accidentes no traballo son preocupantes. En sinistros graves e globais duplicamos a media estatal.

 


Galiza é un país líder en sinistralidade laboral, un triste recoñecemento que renovamos estatística tras estatística. Entre outubro do ano pasado e setembro de 2017 houbo no noso país 26.000 accidentes con baixa en xornada de traballo. Deles, 445 foron sinistros graves e 46 mortais.

 

O índice de incidencia (número de sinistros por cada 100 mil traballadoras e traballadores afiliados) é na Galiza de 0,55 en sinistros graves, mentres que a media no Estado español é de menos da metade, 0,24. En accidentes mortais temos un índice de incidencia de 0,58. No Estado español é de 0,32. Case que o duplicamos.

 

A sinistralidade laboral medrou entre xaneiro e xuño de 2017 un 6,31%, en relación ao mesmo período do ano anterior. Temos un grave problema, pois, que continúa a aumentar.

 

Desde a perspectiva económica, e como lembra o boletín de saúde laboral da CIG, a sinistralidade laboral cústalle ao Estado español entre 15 e 20 mil millóns de euros ao ano, dependendo das fontes consultadas. Isto é, un custo equivalente a entre o 1,5% e o 2% do PIB do Estado



x