Persoal do Sergas exixe a recuperación dos dereitos sociais e laborais

Persoal do Sergas exixe a recuperación dos dereitos sociais e laborais

Concentración diante de Sanidade coincidindo coa segunda xornada de greve.


Persoal do Sergas concentrouse diante da consellaría de Sanidade para exixir a recuperación dos seus dereitos laborais e salariais, suspendidos desde o ano 2010. Unha mobilización que se realizou na segunda xornada de greve no Sergas.

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, denunciou a negativa do Sergas a negociar o calendario de recuperación deses dereitos e anunciou que “non imos cesar até que a administración asuma a súa responsabilidade, sente na mesa sectorial e recoñeza que temos dereito a ser retribuídos polo noso traballo en igualdade de condicións ao persoal do resto dos servizos sanitarios do estado”.

 

Profesionalidade do persoal público

 

No escrito a CIG-Saúde salienta a alta valoración que a cidadanía galega concede á sanidade pública grazas ao bo traballo e profesionalidade do seu persoal. O sindicato entende que non se pode consentir o trato que recibe o persoal do Sergas e agradece a todo o persoal que secundou a greve o apoio a estas demandas malia as presións que sobre eles exerceu a administración a través das xerencias.



x