O persoal de xustiza avala que os sindicatos poidan baixar a exixencia salarial

O persoal de xustiza avala que os sindicatos poidan baixar a exixencia salarial
Imaxe: @alternativaxus
Imaxe: @alternativaxus  

Dan potestade ao comité negociador para pactar un incremento inferior a 190 euros. A greve, que non se desconvoca, fai seis semanas.


Os traballadores de administración de xustizam avalaron esta cuarta feira a través dunha votación en urna e secreta que o comité de greve poida pactar un incremento salarial menor aos 190 euros máis ao mes. O persoal tiña que escoller entre se mantiñan esa exixencia ou ben avalaban que os sindicatos poidesen baixar a mesma nas negociacións. A maioría (67%) votou pola segunda opción, segundo adiantaron fontes sindicais. A greve non fica desconvocada.

 

Tomaron parte nas votacións, que decorreron entre as 12:00 horas e as 17:00 horas, un total de 1.430 traballadores, dos que 942 apoiaron que a postura dos 190 euros non fose o mínimo obrigatorio.

 

En todas as ciudades gañou o si: Vigo 166 a favor e 109 en contra; en Pontevedra133-90; en A Coruña 192-125; en Ferrol 95-15; en Lugo 93-29; en Ourense 169-63; e en Santiago 94 a 27.

 

As centrais teñen previsto reunirse esta quinta feira para decidir a nova oferta.

 

Os traballadores e traballadoras de administración de xustiza facían a súa sexta semana de greve. Esta segunda feira unha xuntanza entre representantes da Xunta e sindicatos finalizou sen acordo. 

 

Fontes do comité de greve afirman que coa votación o comité fica investido de "maior lexitimidade representativa aínda". REcoñecen que é un mandato de maior "flexibilidade" mais instan a Xunta a amosar vontade de acordo.



x