Seixo lembra que o debate sobre a viabilidade das pensións “é ideolóxico”

Seixo lembra que o debate sobre a viabilidade das pensións “é ideolóxico”
Seixo nun momento da entrevista na RG
Seixo nun momento da entrevista na RG  

Nunha entrevista no 'Galicia por Diante' da Radio Galega o secretario xeral da CIG lembra que o Estado ten a obriga de garantir un dereito como as pensións.


“O debate das pensións non é mermaente técnico, é ideolóxico e político”, afirmou Suso Seixo na entrevista que esta quinta feira lle fixeron no 'Galicia por Diante' da Radio Galega. Preguntado sobre a viabilidade do sistema público de pensións, o secretario xeral da CIG dixo que levamos anos escoitando falar da quebra do sistema público de pensións e que nese debate hai moito interese “dos grandes grupos económicos”, como bancos, aseguradoras ou fondos privados.

A xubilación é un dereito que ten que ser garantido polo Estado, lembrou, e amosouse partidario de que fondos dos orzamentos vaian para financiar pensións. “Se dos orzamentos saen partidas para gastos militares, ou para infraestruturas, por que non para pensións?”.

Fiscalidade

Seixo ligou o debate para garantir ingresos parab as pensións coa necesidade de cambiar o actual sistema de fiscalidade, “moi inxusto estes anos”, por outro no que no canto de primar impostos indirectos se vaia a un modelo impositivo no que pague máis “o que máis ten”.

A respecto da reforma laboral, sinalou que no novo Congreso hai unha correlación de forzas favorábel a que se derroguen, mais iso implicaría, apontou, que o PSOE estea disposto a “tirar abaixo” regulacións neste sentido que el mesmo aprobou cando gobernaba.