Unha semana de greve: manifestacións do persoal de xustiza nas cidades galegas

Unha semana de greve: manifestacións do persoal de xustiza nas cidades galegas

Centos de traballadores e traballadoras da xustiza de Galiza tomaron parte nas manifestacións que decorreron nas ciudades galegas cando se fan 7 días de greve. O persoal continúa a emprazar á Xunta a dar un paso e negociar se ben desde o gobernó galego rexeitaron a contraoferta presentada polos sindicatos.

 

O seguimento do paro mantense alto (90%, segundo os sindicatos, e xa se tiveron que suspender máis de 2.000 xuízos. Os traballadores e traballadoras da administración de xustiza de Galiza - por volta de 2.500 – continúan firmes na loita por acabar coa súa discriminación a respecto dos outros territorios do Estado español.

 

Aínda que a Xunta se comprometeu a convocar unha nova reunión no prazo desta mesma semana para seguir negociando, até o momento, explica o secretario do sector de Xustiza da CIG, Xesús H. Sánchez, non hai unha data fixada. En todo caso, apuntou, a participación masiva na greve e nas asembleas informativas demostra que o persoal está disposto a continuar adiante co paro indefinido, "porque non podemos consentir que esta sexa a última proposta que nos fan. E se temos que seguir coa folga, seguiremos até onde sexa necesario".



x