Suspendida a greve de transporte

Suspendida a greve de transporte
greve transporte
greve transporte  

As asembleas de traballadores ratificaron a suspensión. Hai un preacordo entre sindicatos e patronal, atinxido após seis horas de reunión.


As asembleas de traballadores ratificaron a proposta dos sindicatos de suspender a greve do transporte após o preacordo acadado coa patronal nunha estensa reunión no Consello galego de relacións laborais que se prolongou durante máis de seis horas. A greve indefinida será suspendida até o día 19, data na que se debatirán os avances da negociación dos convenios

 

O principio de acordo contempla un incremento salarial de 2%. Ese é o ponto a partir do cal negociar o incremento salarial nas mesas provinciais. Ambas as dúas partes, sindicatos e patronal, danse tres semanas de prazo para seguir achegando posicións e chegar a un acordo definitivo sobre convenios nas catro provincias. No principio de acordo contémplase a posibilidade de retomar os paros.

 

De feito, revisarase semanalmente como evolucionan as negociacións e os acordos, podendo convocarse greve se os sindicatos estiman que non se cumpre o acordado. 



x