RELACIÓNS LABORAIS

Traballar e producir aquí, decidir aquí

Traballar e producir aquí, decidir aquí
Unha asemblea durante a folga de auxiliares de Navantia.
Unha asemblea durante a folga de auxiliares de Navantia.  

A defensa dun marco galego de relacións laborais sobordou o marco das voces que tradicionalmente o demandaron  e defenderon (o nacionalismo) para sumar tamén outros actores políticos e sindicais que ven na garantía da prevalencia dos convenios negociados e asinados aquí sobre os estatais unha porta aberta á mellora das condicións das traballadoras e traballadores. Eis un extracto da información publicada ao respeito no Sermos Galiza 277.


4"Traballar e producir aquí, decidir aquí”. Unha sentenza que xa é realidade en certos territorios, como Euskadi, e que tamén se loita por implantar en Galiza. A defensa dun marco galego de relacións laborais foi tradicionalmente unha reivindicación e demanda do nacionalismo mais na actualidade tamén é partillada por actores e axentes sindicais á marxe do soberanismo. Así, e este mesmo verán, o novo secretario xeral de CCOO en Galiza trasladaba a CIG e UXT unha proposta de unidade sindical na que figuraba como un dos puntos o marco galego de relacións laborais. Sen ser para tirar foguetes, como recoñecía nunha conversa informal un dirixente da CIG, haberá que ver en que se concreta na realidade. 

 

Mais hai moito que avanzar. Moito. Porén, non é esta unha reivindicación imposíbel. Para nada. En xaneiro de 2017 a patronal vaca (Confebask) e os sindicatos ELA, LAB, CCOO e UXT asinaban un acordo polo que se garante que os convenios que se negocien en Euskadi, quer sectoriais, quer provinciais ou autonómicos; sempre van ter prevalencia sobre os estatais.

 

Eis a proposta que defenden desde o sindicalismo nacionalista, que se garanta a prioridade dos convenios asinados en Galiza sobre os estatais. 

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 277 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]



x