Unha trintena de colectivos súmanse á manifestación en apoio aos traballadores de Pescanova

Unha trintena de colectivos súmanse á manifestación en apoio aos traballadores de Pescanova

Denuncian que a dirección da empresa aproveita a situación económica xeral para aplicar “recortes nos dereitos” do cadro de persoal.


Un total de 29 organizacións sociais, veciñais, deportivas, culturais, políticas e sindicais de Redondela amosaron o seu apoio público á manifestación que esta sexta feira, 21, percorrerá as rúas de Chapela en solidariedade coa loita dos traballadores de Pescanova a partir das 20.00 horas.

Representantes das organizacións que apoian a manifestación compareceron no Concello de Redondela acompañados do alcalde para manifestar que o conflito laboral que se vive en Pescanova por mor da renovación dos convenios colectivos dos distintos centros de traballo “ten un alcance social e humano moi importante xa que os traballadores ven ameazado o seu futuro dunha forma inxusta”.Denunciaron que a dirección aprovéitase da situación económica xeral para aplicar recortes nos dereitos dos empregados/as, “o que constitúe un novo ataque contra o conxunto da clase traballadora”. É por iso que trasladan publicamente o seu apoio “moral e efectivo” a todas as reivindicacións do cadro de persoal

“A crise que padece a empresa foi creada pola nefasta xestión dos seus directivos/as, mais agora pretenden que os que paguen sexan os traballadores/as; reparten as perdas entre todos, pero cando houbo beneficios non o fixeron”, critican.



x