‘Via Crucis’ dos carteiros en protesto pola súa situación laboral

‘Via Crucis’ dos carteiros en protesto pola súa situación laboral
Imaxe: Natalia Porca
Imaxe: Natalia Porca  

Falta de recursos, excesiva carga de traballo e indefensión son algunhas das denuncias feitas na ‘perfomance’ convocada por CIG-Correos.


Un protesto decorreu esta cuarta feira en Compostela para denunciar a situación laboral que viven día a día os carteiros e pola suspensión de emprego e salario dunha carteira en Boiro. Falla de persoal suficiente, exceso de carga de traballo, ausencia de ordes por escrito... A ‘perfomance’ reivindicativa comezou cunha procesión encabezada por un carteiro que cargaba coa súa propia cruz, simbolizando a excesiva carga de traballo que sofren os carteiros, por mor da redución dos cadros de persoal de reparto..

Anxo Álvarez, da CIG-Correos, explica que con esta mobilización pretendíase chamar a atención sobre a situación na que está está a carteira de Boiro, “suspendida temporalmente de emprego e soldo inxustamente, mais tamén denunciamos a indefensión que sofren centos e centos de carteiros”.Lembrou que no seu traballo diario, o persoal de reparto padece un exceso de carga de traballo, contratacións irregulares, ordes que non se entregan por escrito e mesmo a obriga de traballar en días nos que non terían que facelo para recuperar festivos que teñen dereito a gozar.