Traballadores de seguridade convocan paros parciais en Lavacolla e Alvedro

Traballadores de seguridade convocan paros parciais en Lavacolla e Alvedro

A partir do 20 de agosto


Os vixiantes de seguridade dos aeroportos da Coruña e Compostela convocaron paros parciais a partir do próximo 20 de agosto, para denunciar a "precarización das condicións laborais" e un modelo de sector baseado, aseguran, "na competencia sobre prezos".

 

O sindicato UXT informou que os vixiantes de Alvedro prestan servizo para a empresa Eulen Seguridade. En canto a Lavacolla, os vixiantes traballan para Prosegur. Entre as súas demandas, o abono do plus de radioscopia, ademais do abono mínimo de 6 horas de xornada nas quendas inferiores á mesma e o pago do parking, entre outras cuestións.

 

UXT incide que na negociación do convenio do sector de seguridade privada están a dirimirse dous modelos distintos. O que "entende que a mellora do contexto económico debe repercutir positivamente nas condicións do colectivo de profesionais" do sector fronte a outro "que arruína o sector e precariza as condicións de traballo".



x