Saltar ao contido
7:29 h. Sexta feira, 19 de Decembro do 2014

Vota:

A escena galega pide á Xunta que non deixe morrer ao sector

A plataforma das Artes Escénicas continúa a pedir á Xunta que non deixe morrer ao sector. O BNG presentou unha proposición no de Lei na que solicitan a recuperación da Consellaría de Cultura, un proceso de diálogo e varias medidas concretas como a reprogramación dos fondos destinados á Cidade da Cultura.
Anton Escuredo
Conferencia de imprensa BNG e as Artes Escénicas
Conferencia de imprensa BNG e as Artes Escénicas

 

Catro membros da Plataforma Galega das Artes Escénicas e Músicais acompañaron no Parlamento a Ana Pontón, voceira de Cultura do BNG, na presentación dunha Proposición non de lei para o seu debate en Pleno. A proposta nacionalista realízase após "o momento de especial dificultade" polo que atravesa o sector e o que a propia deputada do BNG cualificou de "estratexia do PP que entronca cos ataques á nosa língua e a todo o que son os nosos sinais de identidade".

Na presentación, o voceiro da Plataforma, Salvador del Río, pediu "solucións conxuntas e diálogo". As propostas do BNG comezan por iniciar "coa máxima urxencia un proceso de diálogo" cos diferentes sectores e asociacións representativas da cultura galega, "coa finalidade de acordar cos mesmos as medidas e actuacións que debe realizar a Xunta en materia de política cultural". A reforma, para a formación nacionalista, ten que ser de estrutura da propia Xunta e propoñen a recuperación da Consellaría de Cultura "como ente autónomo" e non como funciona na actualidade.

"É falso que a Xunta non teña cartos para a cultura"

Unha das peticións que mobilizou o sector, a paralización das redes de programación, recóllese nesta Proposición do BNG que considera "urxente" a súa convocatoria para este semestre e o seguinte.

"É falso que a Xunta non teña cartos para a cultura". Ana Pontón explicou que na proposta do BNG figura unha reprogramación dos fondos destinados á actividade da Cidade da Cultura para destinar estes recursos para axudar aos diferentes sectores.

Por último, o BNG propón estabeler medidas de carácter fiscal, de xeito que a compra de produtos culturais poda desgravar no tramo autonómico do IRPF.

Lucho Penabade, membro da Plataforma, sinalou na presentación desta Proposición, que "a Xunta non pode adiar máis esta situación" e cuestionou mesmo o propio funcionamento do AGADIC.