Saltar ao contido
12:19 h. Terza feira, 23 de Setembro do 2014

Vota:
Xosé Luis Méndez Ferrín
Xosé Luis Méndez Ferrín

Axeitos chama a Monteagudo "portavoz dos conspiradores” contra Ferrín

O secretario da Academia Galega reafírmase nas súas afirmacións e fala de “colonización” do CCG e o ILG contra a institución até agora presidida por Xosé Luís Méndez Ferrín. Afirma tamén a existencia dunha “conspiración” contra a executiva presidida polo escritor. A crise da Academia agrávase.
Carmen Vidal

O secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos, en declaracións a La Voz de Galicia, reafirmase nas acusacións que vertera a pasada segunda feiram e fala de “colonización” do CCG e o ILG á Academia Galega -"dixen colonización, non sodomización", acotou mordaz-, só un e dous días despois de estas institucións teren negado intromisións na actuación da presidida até agora por Xosé Luís Méndez Ferrín. 

Falou tamén Axeitos de “portavoz dos conspiradores”, en clara alusión ao académico Henrique Monteagudo, de quen ironiza dicendo que en só tres sesións da Academia conseguiu facerse cun panorama da situación. 

Ao tempo, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín eludiu falar do tema durante a súa comparecencia perante a imprensa na presentación, en Tabernas, do “Dicionario da alimentación e da restauración”. “Ao seu debido tempo”, foi o que dixo a perguntas de se tiña previsto repensar a súa decisión, tal e como lle demandaron, entre outros, Manuel Rivas e a AELG. Agárdase que a Academia convoque no prazo dun mes o plenario no que se aceptará ou rexeitará a súa demisión.