Saltar ao contido
10:23 h. Domingo, 23 de Novembro do 2014

Vota:

Galiza volve tronzar toletes no estatal de bateis: 10 medallas das 21 posíbeis

Na competición realizada en augas cántabras, Samertolameu de Meira atinxiu o ouro nos absolutos feminino e masculino, e os ferroláns de A Cabana en infantil masculino. 

Xesus Manuel Piñeiro

 

As augas da localidade cántabra de Camargo foron esta fin de semana as que acolleron o Campionato estatal de bateis, competición na que Galiza vén nos últimos anos acadando uns moi bo resultados. Tamén nesta ocasión, pois as tripulacións galegas atinxiron un total de 10 medallas das 21 posíbeis (en 2012 foran 14 medallas e vitoria en absolutamente todas as categorías).

O poder das embarcacións galegas resúmese en tres medallas de ouro, tres de prata e catro de bronce. Os bateis de Euskal Herria atinxiron seis medallas (catro de ouro, unha de prata e unha de bronce), mentres que as tripulacións de Cantabria acadaron cinco (tres de prata e 2 de bronce).

Galiza atinxíu 10 medallas, as tripulacións de Euskal Herria 6 e os bateis de Cantabria, 5

Nas categorías máis importantes, feminino e masculino absoluto, o triunfo foi para a tripulación de Samertolameu. Na primeira das mesmas, Chapela foi prata e as vacas de Koxtape, bronce. En masculino, após os de Meira ficaron os cántabros de Astilleiro e Chapela, terceiros.

Importancia

En xuvenil masculino a vitoria foi para os biskaitarras de Ondarroa, mentres que a segunda posición foi para os arousáns de Amegrove e a terceira para San Pantaleón (Pontejos, Cantabria). Tamén en bateis masculinos, mais en cadetes, o ouro gañouno Orio, a prata Náutico de Vigo e o bronce Robaleira (A Guarda).

E infantil masculino deparou outro ouro para Galiza, da man da tripulación de A Cabana, mentres que Getxo ficou en segundo lugar e Camargo de terceiros.

Progresión

En promo feminino Orio levou o triunfo, sendo a segunda praza para as cántabras de Astillero. As vogadoras galegas de Chapela conquistaron un terceiro posto e a medalla de bronce para Galiza.

En xuvenil feminino, o batel de Hibaika (Errentería-Euskal Herria) apañou o ouro. A prata foi para as vogadoras de Astilleiro. E as arousás de Cabo de Cruz conquistou o bronce.