Saltar ao contido
11:06 h. Quinta feira, 28 de Agosto do 2014

Vota:

A cúpula de Pescanova desenvolveu prácticas “irregulares” para ocultar a débeda

A auditoría forense sinala que houbo planificación de decisións e manobras para dar resultados ficticios

A.V
Pescanova
Pescanova

Pouco a pouco vaise compondo o puzzle que permite explicar como unha multinacional de referencia, de prestixio e que todos crían solvente acabou en concurso de acredores. E nesta liña, a auditoría forense feita por KPMG permite encaixar moitas pezas. A máis importante: que durante moito tempo, a cúpula de Pescanova deseñou,planificou e executou prácticas cando menos 'dubidosas' para ocultar a enorme débeda que tiña.

Segundo a auditoría, estas prácticas "poden ser consideradas como irregulares desde un punto de vista contábel e financeiro", aliás de existir “indicios fundados” de que "determinadas persoas da cúpula de Pescanova tomaron parte, dun ou doutro xeito,nestas prácticas.

A débeda da pesqueira era de 3.281 millóns ao peche de 2012 e o seu patrimonio neto, negativo en 927 millóns. Cifras que tentaron maquillar e ocultar a toda costa.