Saltar ao contido
7:17 h. Terza feira, 21 de Outubro do 2014

Vota:

Almunia rexeita os argumentos e insiste en que hai que devolver o `tax-lease'

Só acepta eximir a estaleiros e armadores da obriga de devolver as axudas. 

Xesus Manuel Piñeiro
Almunia
Almunia

O comisario de Competencia, Joaquín Almunia, rexeitou os argumentos e razóns expostas pola delegación do Estado español que lle pedían que non obrigase a devolver as axudas do 'tax-lease'.

Segundo informan as axencias, Almunia insistiu en que había que devolver esas axudas, por volta de 2.800 millóns de euros, e que só estaba disposto a ceder en que estaleiros e armadores ficasen exentos da obriga. Non aos investidores e entidades que financiaron a construción dos barcos. “Iso non resolve nada”, dixeron fontes do sector, que insisten que a devolución supón botar o feche dos estaleiros e milleiros de persoas á rúa

Membros da delegación, como o lehendakari Urkullo ou o secretario xeral de CCOO, xa sinalaron que van pedir a Mariano Rajoy que faga presión política e se poña en contacto co presidente da comisión, Duaro Barroso. Nesa delegación tamén estaba o ministro español, o presidente da Xunta e o de Asturies.

A decisión definitiva sobre o 'tax-lease' tomarase o vindeiro día 17. Mais o resultado da reunión con Almunia non permite ter moitas esperanzas.