Saltar ao contido
14:24 h. Quinta feira, 23 de Outubro do 2014

Vota:

Un estudo cifra en máis de 3.000 @s vasc@s que sufriron tortura desde a transición

Un documentado traballo colectivo impulsado pola Fundación Euskal Memoria desvela que desde a Transición até hoxe en Euskal Herria houbo pola volta de 9.000 cidadá(n)s vasc@s que foron sometidos a incomunicación en aplicación da Lei Antiterrorista, un 40% dos cales terían sofrido torturas. E dos 62 axentes das FSE que foron condeanados por torturar a vasc@s, 36 foron indultados por gobernos do PP e do PSOE. O traballo está a ser todo un éxito editorial
Xesus Manuel Piñeiro
Unai Romano, antes e após o seu paso pola comisaría
Unai Romano, antes e após o seu paso pola comisaría

 

Un completo estudo elaborado pola Fundación Euskal Memoria está a ser todo un éxito en Euskal Herria. O documento colectivo que se xestou durante anos de traballo leva por título 'Oso Latza izan da' ('Foi terríbel'), as palabras pronunciadas antes de morrer polo militante de ETA Joxe Arregi tras nove días de torturas continuadas na Dirección General de Seguridad de Madrid. O informe estuda, analiza e denuncia a realidade da tortura en Euskal Herria nas últimas cinco décadas. Un simple exemplo da dimensión da tortura en Euskal Herria pode ilustrar o impacto desta realidade en País Vasco: En Oñati, unha vila de menos de 11.000 habitantes hai máis de de 50 veciñ@s que foron torturados polas forzas de seguridade nestas décadas.

Un exemplo: En Oñati, unha vila de menos de 11.000 habitantes, hai máis de 50 veciñ@s que foron torturados polas forzas de seguridade

Este traballo aborda a tortura desde todos os puntos de vista: qué é, quen a exerceu, cómo, a quen, cando, ónde, por qué, para qué... Entre as achegas está o intento de poñer cifra aos casos producidos en Euskal Herria. O estudo conclúe que entre 1960 e 1977 se producíronse perto de 10.000 detencións políticas en Euskal Herria, das que entre o 50% e o 70% incluíron torturas.

Unha realidade ocultada

A partires de 1978 hai balances oficiais sobre arrestos por cuestións políticas que facilitan o cómputo. Calcúlase que nos dez seguintes anos incomunicouse a 7.370 vasc@s e en torno ao 40% padeceron torturas, o que supón 3.000 casos máis a engadir aos 5.000-7.000 anteriores. E de 1989 até 2000 recollen 900 casos. E entre 2000 e hoxe, 733. 

Alén de cifras e datos, neste traballo tamén se recollen testemuños de vasc@s que foron torturados. Como Mertxe Alcocer, nai e aboa detida en 2008 e que se limita a resumir a experiencia en mans das forzas de seguridade con "O que me fixeron..,.o que me fixeron non llo desexo nin ao meu peor inimigo".

Indultos e perdóns

Mesmo houbo axentes que en democracia foron indultados en dúas ocasións, ambas de delitos de torturas

Dos 62 axentes das FSE que foron condenanados por torturar a cidadáns vasc@s, 36 foron indultados por gobernos do PP e do PSOE. Mesmo houbo axentes que foron indultados en dúas ocasiones. Os gardas civís José Domínguez Tuda, Manuel Macías Ramos e Antonio Román Ríos foron condenados en 1990 por torturas aos irmáns Víctor Jesús, Joxe Mari e Lucio Olarra e a Iñaki Olaetxea, e indultados a principios de 1991. Ao ano seguinte, o 22 de setembro de 1992, o mesmo José Domínguez Tuda, era condenado de novo, nesta ocasión por torturar a Jokin Olano en 1983. En marzo de 1995, o ministro socialista Juan Alberto Belloch volvía indultalo.