Saltar ao contido
17:22 h. Cuarta feira, 22 de Outubro do 2014

Vota:

Accede á literatura de Rosalía por apenas 0,50 céntimos, na Biblioteca Virtual de Sermos Galiza

No día da Internet e no día das Letras, Sermos Galiza inicia a edición de textos literarios exclusivamente en formato electrónico, para lectura en dispositivos móbiles. Comezamos con autores e autoras clásicos para irmos, pouco a pouco, ofrecendo obras de agora mesmo.

 

Carmen Vidal

O primeiro texto é o conto de Rosalía, Contos da miña terra. A edición toma como base a aparecida en Almanaque gallego, por Manuel Castro y López, Buenos Aires, Ortega y Radaelli, 1903. Pódese baixar da nosa loxa a 0.50 €.

A segunda das publicacións é a novela de Antonio López Ferreiro, O niño de pombas. Esta obra, publicada en 1905, está agora a disposición dos lectores e das lectoras de Sermos Galiza grazas á iniciativa da Biblioteca virtual Sermos Galiza, que vai pór na rede, en formato .epub, todas as obras da literatura galega que están xa libres de dereitos de explotación. O niño de pombas ofrécese por 0.90 €.

Así mesmo, Sermos Galiza vai iniciar negociacións con autores e autoras actuais para poder publicar, neste formato, tanto obras xa publicadas como outras aínda inéditas, co único obxectivo de presentar ao público un catálogo completo da nosa produción literaria.