Saltar ao contido
8:57 h. Cuarta feira, 03 de Setembro do 2014

Vota:

Analizamos o problema da corrupción A FONDO

O séptimo número do caderno de análise A FONDO que se entrega canda o exemplar desta semana de Sermos Galiza aborda un tema de forte actualidade.
Redacción

Baixo o título "A corrupción por sistema" o suplemento, coordinado por Xabier P. Igrexas, debulla este grave problema que representa unha das principais causas da indignación social,

Co pretenso de achegar elementos e argumentos que sirvan para enfrontar a cuestión, o caderno analisa os diferentes planos implicados na mesma: o político, o estrutural e o ético.

A catedrática en economía Miren Etxezarreta ofrece na súa entrevista unha explicación sólida a respecto da relación enre a corrupción e "os valores e funcionamento" do sistema capitalista e sinala como os procesos de "desregulación neoliberal" a facilitan.O independentista canario Teodoro Santana, acrecenta esa análise denunciando a invisibilización dos "corruptores" e xa que logo, dos intereses económicos e implicación do empresariado e as finanzas nas tramas corruptas.

Aliás, Xesús Manuel Díaz, activista de Stop Desafiuzamentos en Ferrol achega como se están a ollar os escándalos de corrupción desde os colectivos máis castigados pola crise, e reivindica o endurecemento legal para os combater.

En chave máis próxima e concreta o sociólogo Manuel Monge e o xornalista Cristian López, poñen negro sobre branco os principais casos de corrupción que salfiren ao Partido Popular, focando tamén nas prácticas caciquís e o nepotismo.