Saltar ao contido
17:25 h. Sábado, 20 de Decembro do 2014

Vota:

O asalto ás pensións públicas, neste A Fondo

O debate sobre as pensións volve reabrirse. Unha peza gorentosa no saqueo do público. Neste A Fondo debullamos, analizamos e explicamos por que e para que queren nos convencer da inviabilidade do sistema de pensións

Xesus Manuel Piñeiro
A Fondo
A Fondo

Coordinado por Xabier P. Igrexas, neste A Fondo analizamos o asalto ás pensións públicas. Nun contexto de crise, aproveitado para facer máis fondas as tesoiradas, hai unha ofensiva ideolóxica e económica para tentar desmantelar o sistema público de pensións.

Neste A Fondo entrevistamos a Olaia Fernábdez Davila, deputada do BNG no Congreso español, que incide que non é obrigatorio, como tentan nos convencer, recortar nas pensións.

O parlamentar de Amaiur, Sabino Cuadra, en 'Pensións e pensionistas' apunta a que “no canto de rescatar bancos e atracar pensionistas, habería que atracar bancos e rescatar pensionistas”.

O catedrático de Economía Política Juan Torres sinala que “o que en realidade pon en perigo as pensións públicas non é que vivamos máis anos, senón as políticas de austeridade que crean paro”.

Artigos de Manuel Mera (director da Fundación Moncho Reborias), con 'Pensións, os escenarios posíbeis'; e Jaime Cabeza (Catedrático do Dereito do Traballo) completan o A Fondo.