Saltar ao contido
22:29 h. Sexta feira, 24 de Outubro do 2014

Vota:

O Concello de Pontevedra convoca unha manifestación de apoio aos estafados nas preferentes

A mobilización terá lugar o 10 de maio e impúlsase após a cancelación unilateral e sen explicacións por parte da Secretaria de Estado de Economía da reunión que ía manter co alcalde para tratar este problema

Xesus Manuel Piñeiro

 

O vindeiro 10 de maio unha “manifestación nacional” percorrerá Pontevedra en apoio e solidariedade para cos milleiros de galeg@s afectados pola estafa das preferentes e subordinadas. A mobilización está convocada polo Concello de Pontevedra.

O alcalde, Fernández Lores, sinalou que a decisión de convocar esta manifestación prodúcese após a Secretaría de Estado de Economía ter cancelado de xeito unilateral e sen maiores explicacións a xuntanza acordada para o 13 de maio co Concello de Pontevedra. Desde o goberno local pontevedrés sospeitan que o motivo da suspensión 'sine die' da xuntanza pódese deber a que Lores ía acudir ao encontro con representantes de plataformas de afectad@s.

“Cancelación inaudita”

Segundo salientan desde PontevedraViva.Com, Fernández Lores cualificou esta cancelación como unha “medida inaudita” coa que non se topou nos 14 anos que leva á fronte do Concello. Aliás, entende que supón unha “falta de respecto” por parte do goberno español para cos milleiros de afectad@s polas preferentes. “Non se atreven a dar a cara”.

Na reunión, o alcalde do BNG quería trasladar ao secetario de Estado de Economía, número 2 no Ministerio, a problemática das persoas afectadas por esta estafa, para alén de informar do enfado e amuamento tanto polas quitas establecidas como polo retraso existente na vía da arbitraxe.

Foto: Pontevedra viva