Saltar ao contido
6:21 h. Segunda feira, 20 de Outubro do 2014

Vota:
Xuízo do Prestige
Xuízo do Prestige

O presidente do tribunal do Prestige denuncia a ausencia de responsábeis políticos entre os acusados

Visto para sentenza o xuízo sobre a marea negra que decorreu hai once anos e no que só o ex-director da Mariña Mercante foi imputado malia a desastrosa xestión da catástrofe denunciada por case todas as partes presentes.

Xose Xose Mexuto

 

Once anos despois da catástrofe, quedou visto para sentenza na Coruña o xuízo do 'Prestige' após dez meses de proceso aos que aínda lles quedan polo menos catro máis para coñecer o veredicto, previsto para novembro.

Na xornada final, o maxistrado da Sección Primeira da Audiencia Provincial e presidente do tribunal, Juan Luis Pía, asegurou, sumándose así a unha forte demanda popular e dalgúns dos presentes no xuízo como a plataforma Nunca Máis, que “hai máis implicados que os que foron aquí xulgados”, en clara alusión aos responsábeis políticos dos gobernos do PP.

No banquiño foron acusados o capitán del buque, Apostolos Mangouras; o xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos -que pediu “perdón a Galiza”- e o ex-director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors, único representante gobernamental xulgado a non seren imputados os seus superiores, como o ministro Álvarez Cascos ou o presidente José María Aznar.

“É obvio que hai máis xente implicada no sinistro, tanto responsábeis políticos como tamén non políticos”, dixo Juan Luis Pía, que así mesmo criticou os excesivos gastos que provocou o proceso.

.
.