Quen ten medo á filosofía? Duascentas persoas participan nun acto contra os recortes da LOMCE

Quen ten medo á filosofía? Duascentas persoas participan nun acto contra os recortes da LOMCE
Concentración na defensa da Filosofía no Toural.
Concentración na defensa da Filosofía no Toural.  

Profesorado da Universidade e do Ensino Secundario,  estudantes  e cidadáns conscientes do valor formativo desta actividade, secundaron a  convocatoria conxunta da Facultade de Filosofía e A Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI), a Aula  Castelao e o Grupo Doxa. 


A acción inscribíase dentro dunha campaña impulsada en todo o Estado pola Rede Española de Filosofía (REF) como protesta pola supresión da Ética e a perda do carácter de materia obrigatoria da Historia da Filosofía no anteproxecto da LOMCE.

Durante o acto, os presentes organizáronse en catro grupos de lectura e debate de textos filosóficos: Filosofía e Educación, Filosofía e Economía, Filosofía e Política e Filosofía e Ética, identificados por unha media ducia de rótulos con citas de diversos autores que se espallaron pola praza. Pretendíase mostrar que os estudos de Filosofía proporcionan unha formación transversal e interdisciplinar, que permite conectar os diversos saberes do currículo e desenvolver unha maior capacidade de xuízo para afrontar a complexidade do mundo contemporáneo. “Privar aos estudantes, como pretende a LOMCE dunha formación filosófica supón limitar a súa capacidade de  informarse e de pensar por sí mesmos, acerca das cuestións esenciais sobre as que os cidadáns temos que decidir en democracia”, declarou o Presidente da SOGAFI, José Ángel Suárez Alonso

O colectivo reclama que se manteñan as tres materias obrigatorias de Filosofía nos tres últimos cursos da Educación Secundaria (4º 

de ESO, 1º e 2º de Bacharelato), para garantir un ciclo formativo completo e coherente, atendendo ás recomendacións da UNESCO, que considera que a Fil

osofía, como escola de liberdade, debe formar parte do currículo básico en todos os sistemas educativos do mundo. Denuncian que o Anteproxecto da LOMCE non respecta tales recomendacións reiteradas en diversas ocasións.

Sinalan así mesmo a incoherencia do Partido Popular, que durante a súa etapa na oposición, nas propostas enviadas ao entón ministro de educación, Ángel Gabilondo, “para un pacto pola reforma da educación en España”  pedía restablecer a Filosofía  na súa configuración clásica “despoxándoa do empobrecedor prantexamento que a concibe baixo o fío condutor da Educación para la Cidadanía”. Na reforma educativa que eles impulsan desaparece a Educación para a Cidadanía e a Filosofía sufre un recorte sen precedentes no sistema educativo español ao desaparecer a Historia da Filosofía como materia obrigatoria nas distintas modalidades do Bacharelato.

"A Filosofía sufre un recorte sen precedentes cando o PP na oposición reclamaba restablecela na súa configuración clásica"

Os convocantes consideran que a permanencia destas materias na ESO e no Bacharelato é imprescindible para facilitarlle ao alumnado a formación integral que require a súa condición de cidadáns libres e para garantir a estabilidade da democracia. Ana María Alonso, profesora de Filosofía de Ensino Secundario e Secretaria da SOGAFI, estima que "os recortes previstos no Anteproxecto da LOMCE, non responden a máis criterio que ao uso caprichoso que desta materia se ven facendo en cada reforma educativa. Nunha concepción da educación orientada a satisfacer as demandas do mercado laboral, á Filosofía non se lle recoñece máis que un valor meramente ornamental, por iso é doado xogar con ela para atopar encaixe a outras materias máis claramente orientadas á produtividade. Pero a educación debe preparar para a cidadanía responsable e para iso o valor formativo da Filosofía é insustituíble. Ningunha democracia pode ser estable se non conta con cidadáns educados para este fin, polo que, de levarse a cabo os recortes previstos, cometeríase un erro histórico que afondaría aínda máis nesa crise silenciosa que denuncia Martha C. Nussbaum (unha das autoras lidas ao longo deste acto reivindicativo), unha crise que, co tempo, pode ser moito máis prexudicial (que a crise económica) para o futuro da democracia: a crise mundial en materia de educación”

O acto, ao que tamén asistiu o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao para manifestar o apoio do sindicato a esta iniciativa, finalizou coa lectura dun manifesto asinado conxuntamente pola Facultade de Filosofía e o resto das organizacións convocantes, que remataba coa pregunta: Quen ten medo da Filosofía?

 



x