Saltar ao contido
1:56 h. Segunda feira, 24 de Novembro do 2014

Vota:

Sermos Galiza abre unha loxa na rede

Venderá a través de internet e con entrega a domicilio produtos propios e alleos

Sermos Galiza


Sermos Galiza pon en rede unha tenda electrónica coincidindo co primeiro aniversario da posta en marcha do dixital.

Entre o 26 e o 30 de abril os produtos que aparezan na loxa serán para descarregar de maneira gratuíta.

A partir do 30 de abril aparecerán os produtos de pago, entre eles o semanario, que poderá ser adquirido na rede ao mesmo tempo que nos quiosques e puntos de venda habituais.

Para alén do periódico en papel, na nosa tenda poderás atopar libros en galego de todas as editoriais, así como un achegamento á literatura lusófona a través de libros editados en lingua portuguesa.

Aliás, deseños exclusivos do debuxante Xosé Lois estampados en camisolas, bolsas de tea e crachás completan unha oferta de produtos que gardan relación coa identidade deste xornal e, ao tempo, levan o selo do '100% galegos'.