Sermos Galiza realizou xunta xeral de accionistas

Sermos Galiza realizou xunta xeral de accionistas
[Imaxe: Rubén Cela]
[Imaxe: Rubén Cela]  

O accionariado aposta pola consolidación como grupo de comunicación


 

Sermos Galiza realizou a súa xunta xeral de accionistas. Case un 40% das accións presentes ou delegadas nunha ateigada sala que durante dúas horas e media escoitou o informe de xestión, analizou as contas anuais e interveu con propostas e medidas que procuran o obxectivo de converter Sermos Galiza nun medio de referencia.

As votacións foron contundentes: as contas, balance, conta de perdas e ganancias e memoria así como actividade desenvolta expresada a través do informe de xestión, foi aprobada por 1071 votos a favor, 20 abstencións e 0 votos en contra.

O Consello de Administración da empresa (formado pola seguintes persoas e cargos: Xoan Costa, como Presidente e Conselleiro Delegado, Manuel Mera, Marga Romero, Xoán Colazo, Nemesio Barxa, Xurxo Souto, Santiago Alvite, Xoan Carlos Garrido, Iria Villar, Xabier P. Igrexas como Secretario de actas, Francisco Miranda, Xoán Sande, Rubén Lois e Anabel Gulias na Xerencia) foi ratificado por 1091 votos a favor, 0 abstencións e 0 votos en contra.

Os obxectivos inmediatos de Sermos Galiza pasan pola consolidación como grupo de comunicación, apostando pola contención no gasto e pola mellora nos aspectos comerciais, aprofundando na aposta por unha información de calidade que reforce o perfil social do medio, nunha liña editorial que visa converterse no medio dos sen voz e de acompañar todos os movementos que, na Galiza, axen en clave nacionalista e de esquerdas.

A xunta xeral aprobou, asi mesmo, a mudanza do domicilio social da empresa así como manter aberta a ampliación de capital iniciada hai un ano.



x