Saltar ao contido
5:43 h. Sexta feira, 01 de Agosto do 2014

Vota:

A OEA condena o trato dado a Morales e pide aos países europeos que se desculpen

A Organización de Estados Americanos aprobou unha resolución pola cal se condena o trato dado ao presidente de Bolivia, Evo Morales, e fai un chamamento aos estados español, francés, italiano e portugués a se desculpar

X.M.P

A resolución aprobouse por consenso mais tanto Estados Unidos como Canadá expresaron a súa oposición explícita a rodapé do documento por considerar que aínda non estaban aclaradas as circunstancias do incidente diplomático. Tamén entenden que este asunto debía ser tratado a nivel bilateral entre Bolivia e os países europeos.

A resolución aprobouse por consenso mais tanto Estados Unidos como Canadá expresaron a súa oposición explícita a rodapé

O documento final resolve “condenar as actuacións que violan as normas e principios básicos do dereito internacional, como a inviolabilidade dos xefes do Estado”. Tamén solicita o documento que os gobernos francés, español, italiano e portugués “den as explicacións necesarias”.