Emmanuel Le Merlus falará en Lugo convidado pola Mesa

Emmanuel Le Merlus falará en Lugo convidado pola Mesa
Emmanuel Le Merlus
Emmanuel Le Merlus  
Este bretón leva dous anos de viaxe en bicicleta por toda Europa para reivindicar os dereitos das linguas minorizadas. En Lugo participará nunha xornada divulgativa xunto a Olga Novo e Luís Villares no Museo Provincial.

O bretón Emmanuel Le Merlus, presidente da asociación 'Unatet e liesseurted ar yezhou' (Unidos na diversidade lingüística) leva dous anos percorrendo toda Europa en bicicleta en defensa das línguas minorizadas. Comezou en maio de 2010 en dirección a Kernow e desde entón xa estivo, entre outros lugares, en Calabria, Catalunya, Occitania, Sardinia e Macedonia. Para realizar a viaxe conta co apoio de varias institucións como os Consellos Rexionais de Bretagne, Finistère, Côtes d'Armor e Morbihan e a colaboración das escolas bretoas Diwan.

No seu blogue comenta cada visita que realiza e as persoas que coñece. "Antes de comezar a miña viaxe procurei informarme sobre o contexto social e cultural destas línguas minoritárias" asegurou desde Portugal ao xornal Mensageiro de Bragança.

Emmanuel Le Merlus comezou a súa viaxe hai dous anos e xa estivo en numerosos países de Europa

Hoxe participará en Lugo nun acto no que falarán Olga Novo, escritora e profesora de galego primeiro na Universidade da Alta Bretaña en Rennes, e de literatura na Universidade Bretaña Sur, en An Orient, sobre "A Bretaña nos escritores galegos", Luis Villares, maxistrado titular do xulgado Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, que falará sobre "A Carta Europea das Línguas", e o propio Emmanuel Le Merlus que comentará o seu "Tour pola Europa das Línguas". A xornada divulgativa terá lugares ás 20:30h no Museu Provincial de Lugo.

Imaxe: Ouest-France

 



x