Saltar ao contido
2:01 h. Domingo, 26 de Outubro do 2014

Vota:

PSdG bota do partido @s edís que asinaron a moción de censura en Vimianzo

A dirección provincial do PPdG solicitou proceder do mesmo xeito con outr@s tant@s edís que apoiaron a expulsión do alcalde, o nacionalista Manuel Antelo. Elevaron a petición ao comité de garantías
Redacción
Concello de Vimianzo [SG]
Concello de Vimianzo [SG]


Tal e como anunciou o sábado, cando edís desta formación política apoiaron en Vimianzo a moción de censura contra o alcalde, Manuel Antelo (BNG), o PSdG-PSOE tramitou xa esta segunda feira a expulsión da concelleira Montserrat Vázquez e do seu compañeiro de grupo e candidato a ocupar a alcaldía de triunfar a moción, José Manuel Rodríguez Blanco.

Asinaron o documento coa oposición da dirección galega e do secretario da agrupación local, José Antonio Miñones, quen se posicionou "radicalmente en contra".

Para alén d@s tres edís de Independentes, a moción ficou ratificada tamén por dúas edís do PP. A dirección provincial do PP na Coruña, que mantivo unha xuntanza co grupo municipal de Vimianzo para decidir o procedemento a seguir, solicitou xa súa expulsión ao Comité de dereitos e garantías do PPdG. Malia os contactos, amb@s decidiron seguir adiante coa moción de censura, desautorizada pola dirección galega.