Saltar ao contido
14:17 h. Sexta feira, 31 de Outubro do 2014

Vota:

Puy convida á oposición a solicitar máis documentación se cre que existiron outros contratos con Dorado

Nas listaxes de contratos da Administración galega con empresas do narco Dorado non aparecen nen Portos de Galiza nen o Sergas. Feijóo foi o número 2 do Sergas durante o tempo en que mantivo unha estreita amizade con Dorado. No Consello de Administración de Portos de Galiza sentábase Pablo Crespo, cerebro da Gürtel.

Olaia Rodil Fernandez
PSdeG pediu á Xunta que publique os contratos asinados desde Portos e o Sergas
PSdeG pediu á Xunta que publique os contratos asinados desde Portos e o Sergas

 

Após facérense públicos os contratos asinados pola Xunta de Galiza coas empresas titularidade do narcotraficante areousán, desde o PSdeG exixen que o goberno galego esclareza se tamén existen contratos cona Portos de Galiza e o Sergas. 

O portavoz parlamentar do PSdeG, Abel Losada exixiu ao goberno de Núñez Feijóo que faga públicos os contratos que eventualmente se adxudicasen ás empresas de Marcial Dorado desde estes dous organismos autónomos. Feijóo foi o número 2 do Sergas e Pablo Crespo, Pablo Crespo, secretario de Organización do PPdeG, cerebro da Gürtel, membro do consello de administración de Portos de Galiza. Cumpre lembrar que o avogado de Crespo, Félix Pancorbo, foi tamén letrado de Dorado e actualmente atópase inmerso no proceso xudicial do narco. 

Pedro Puy sinala que a documentación presentada pola Xunta "xa recolle os contratos" mais empraza á oposición a solicitar máis asegurando estar certo de que "se entregarán"

Porén, para o voceiro popular, Pedro Puy, a documentación achegada pola Xunta a pasada sexta feira deu "cumprida resposta" ás demandas da oposición e emprazou ás demais forzas do arco parlamentar a "solicitar" máis información se consideran que esta non foi suficiente. Pedro Puy tildou de "situación absurda" a que se está a viver no Parlamento galego cando "o goberno responde".

E é que para o popular as demandas dos grupos da oposición a respeito dos contratos da Xunta coas empresas de Marcial Dorado débense a que "non gostan da resposta" do executivo porque "non di o que queren" ouvir. Desde o Partido Popular consideran que "o tema está pechado" após publicárense as contas da administración coas entidades de Dorado nas que, din, fica en evidencia que "non hai nada que obxectar ás axudas". 

A Xunta de Galiza, que retrasou a publicación desta información máis de dúas semanas, desde que lle fora solicitada pol@s socialistas, contratou empresas de Dorado cando xa fora condenado por narcotráfico. Neste senso, para alén dos contratos asinados durante a primeira lexislatura de Núñez Feijóo --por contía de 5.000 euros-- o goberno galego concedeu ao narco 162.344 euros procedentes dos gobernos do PP. A maior parte das adxudicacións datan dos anos '90, época en que se tiraron as sonadas fotografías entre Feijóo e Dorado.