Xosé Mexuto
Xosé Mexuto
Director de Sermos Galiza.Gal

Na nosa proposta Luís Villares si ten direito de voto na dirección
Paula Vázquez Verao, nº 3 de Queremos Participar

"Na nosa proposta Luís Villares si ten direito de voto na dirección"

Paula Vázquez Verao, parlamentar de En Marea, é un dos referentes da candidatura Queremos Participar, unha das listas que esta fin de semana concorre nas primarias da confluencia. Está pola consolidación de En Marea como un partido "soberano e nacional galego". E, como a outra candidatura crítica, defende Luís Villares como único portavoz da organización.

Apoiamos que Luís Villares sexa o portavoz único de En Marea
Davide Rodríguez, cabeza de lista de Somos Quen

"Apoiamos que Luís Villares sexa o portavoz único de En Marea"

Fala de esquerda nacional e defende as mareas das pequenas vilas, que ve infra-representadas na candidatura oficial. E aínda que o ex xuíz vaia noutra lista, ten clarísimo que Luís Villares debe ser o "único" portavoz de En Marea. Davide Rodríguez (Manzaneda, 1978) lidera a lista chamada Somos Quen nas primarias da confluencia.

OPINIÓN

Quen son aquí os rebeldes?

Baixemos da abstracción dos eslóganes e da retórica máis ou menos líquida e pisemos o ring. Quen son aquí os rebeldes? Quen está a postular a desobediencia contra unha lei inxusta? Quen a defender un direito...

O aumento da inflación en Alemaña dispara os tipos de xuro da débeda portuguesa
O BCE reduce o programa de compra de títulos

O aumento da inflación en Alemaña dispara os tipos de xuro da débeda portuguesa

A alza de prezos na economía máis potente da zona euro ten un efeito rebote en Portugal. Se a inflación aumenta en Alemaña, o BCE deixa de imprimir tantos euros e países como Portugal atopan máis dificuldades para colocar os seus títulos entre os investidores privados. Os xuros dos bonos lusos a 10 anos están xa en 4 por cento, face o 0,27 alemán e o 1,45 español.

Esculca denuncia a violación de dereitos de presos de Teixeiro por non se poder comunicar con eles
Pide un recoñecimento médico para comprobar o estado de saúde de 3 internos

Esculca denuncia a violación de dereitos de presos de Teixeiro por non se poder comunicar con eles

Unha avogada e un avogado de Esculca -Yolanda Ferreiro e Fernando Blanco- desprazáronse a sexta feira ao centro penitenciario de Teixeiro coa intención de se comunicar con tres persoas presas. O encontro non foi posíbel porque un funcionario que se apresentou como mando de incidencias alegou, sen o acreditar por escrito, que os internos non desexaban a comunicación. Os feitos, entenden os letrados, poderían constituír un delito contra o dereito de defensa.