Cultura
Viaxe ao fondo da mandolina
O ferrolán Fernando Barroso publica 'Live at Silence Lovers Club'

Viaxe ao fondo da mandolina

Non é o instrumento máis habitual como protagonista dun disco. E porén poboa, discreto, multitude de obras folk, bluegrass, rock americana, ou portuguesas. A Fernando Barroso (Ferrol, 1979) parece non importarlle contradicir a tendencia: o seu novo traballo, Live at Silence Lovers Club, orbita en 12 pezas arredor da mandolina.  
 

“Un pobo que non canta está destinado a desaparecer”
Manolo Bacalhau

“Un pobo que non canta está destinado a desaparecer”

Cunha asistencia masiva –esgotáronse as entradas– vén de ter lugar no Teatro Jofre a presentación do disco Sondobar, de Manuel Alonso (Ferrol, 1955), máis coñecido polo seu alcume, Bacalhau, que aí quedou para sempre malia ter traballado tan só nunha campaña Terranova, aos dezaoito anos. A súa relación coa música vénlle de serie. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 280.

Cando o movemento obreiro conquistou a democracia
'Vigo 1972'

Cando o movemento obreiro conquistou a democracia

Hai zonas da historia de Galiza que o oficialismo se esforza por escurecer. A achega da clase obreira á loita pola democracia é unha das máis amplas e opacadas. Como a contrafío dos relatos de mesa braseiro, en que un monllo de notábeis decidían os destinos da nación, o filme Vigo 1972, dirixido por Roi Cagiao (Vigo, 1978), procura luz, honores para o movemento dos traballadores e a súa loita contra o franquismo. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 280.

O de Fluzo vai camiño de ser un disco de culto”
ALBUMS DE AQUÍ E ACOLÁ / Marco Maril (Apenino)

"O de Fluzo vai camiño de ser un disco de culto”

Marco Maril é un convite sempre a abrir os oídos. Xa fose naqueles 90 de velocidade e urxencia (Fulsomes) como cando nos convidou ao pop experimental e elegante (Dar Ful Ful).  Un bo facer que mantén no seu actual proxecto, Apenino, facturando un pop electrónico e intimista que en 2014 regalou toda unha pequena xoia para a música en galego, ‘Viravolta’.

Poesía palestina, dominicana e galega no ciclo Di(n)versos da Coruña

Poesía palestina, dominicana e galega no ciclo Di(n)versos da Coruña

O poeta Antonio Gamoneda (Oviedo, 1931), unha das voces centrais da poesía española contemporánea, compartirá escenario con Dores Tembrás (Bergondo, 1979), autora de referencia entre as últimas promocións de poetas galegas. A sesión, o vindeiro 19 de febreiro na Coruña, será un dos pratos fortes do ciclo Poetas Di(n)versos, que dirixe a escritora Yolanda Castaño.
 

Unha compañía amadora recupera un parrafeo galeguista de 1915
Teatro o sábado na Casa Museo Manuel María

Unha compañía amadora recupera un 'parrafeo' galeguista de 1915

É practicamente a prehistoria do teatro moderno en Galiza. Os parrafeos, unha especie de diálogos por veces socráticos e con raíces populares, contribuíron á codificación dunha escena galega e en galego. Este sábado, na Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei, a compañía amadora da Sociedade Cultural Medúlio de Ferrol recupera un emblemático: Mal de moitos, de Euxenio Charlón e Manuel Sánchez.
 

Audrey Horne: blackout [por Isidro Rajo]
CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Audrey Horne: blackout [por Isidro Rajo]

Audrey Horne é unha desas bandas que descobres de casualidade, xa que esperas algo totalmente distinto do que realmente é. O motivo no foi outro que -sendo unha banda norueguesa formada ente outros por membros de Gorgoroth e Enslaved- non podería tratarse máis que dunha superbanda de black metal. Non teño que dicir que os primeiros compases de escoita do seu primeiro EP, “No hay banda”,Audre sacoume precipitadamente do meu erro.

Memoria do último Del Riego
O xornalista Perfecto Conde publica conversas inéditas co galeguista

Memoria do último Del Riego

Conversas de aperitivo e de sobremesa, regadas cunha botella de viño e cadanseu vaso de whisky, culminadas cun Montecristo, conforman a manda política e cultural de Francisco Fernández del Riego. Elaborounas o xornalista Perfecto Conde e publicaraas Xerais sete anos despois da morte do intelectual galeguista.
 

O poeta da lingua de ouro
Homenaxe a Pondal no seu 101 cabodano

O poeta da lingua de ouro

Aos 101 anos do seu falecemento, a Asociación Cultural O Galo de Compostela organiza unha homenaxe ao poeta Eduardo Pondal. Será esta sexta feira, ás 19.30 horas, no Museo das Peregrinacións. O profesor e escritor Carlos Callón disertará sobre o significado político e literario do autor do Himno Galego.
 

Malraio, supergrupo da escena compostelá

Malraio, supergrupo da escena compostelá

Veteranos de mil batallas de rock avanzado, músicos de probada prestancia e olfacto inquedo, Malraio é o tenso proxecto co que se presentarán, esta sexta feira na Gentalha do Pichel de Compostela, nomes coñecidos da escena da cidade. “Xuntámonos por necesidades de tipo psicolóxico”, explica divertido Roi Fernández, baixo e voz da banda, “era mellor un grupo que irmos a terapia”.
 

Biografía dun lenzo
'A derradeira lección do mestre' reproduce unha estampa de 'Galicia Mártir'

Biografía dun lenzo

A pintura como medio de comunicación, axitación e propaganda. Expresión de estremecementos íntimos e colectivos. A súa función é tamén simbólica, emblemática. O rastro da destrución dun pobo. Todos eses elementos, e moitos outros, respiran en A derradeira lección do mestre, o óleo que Castelao pintou no exilio e que se exporá en Galiza por primeira vez a finais deste ano.
 

“A Xunta e o PP dan a razón á Iniciativa Popular por Castelao”
'A derradeira lección do mestre' exporase este ano na Cidade da Cultura

“A Xunta e o PP dan a razón á Iniciativa Popular por Castelao”

O 29 de setembro de 2015, a profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro defendeu no Parlamento galego unha Iniciativa Lexislativa Popular “en defensa do dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego”. O PP votou en contra. Máis dous anos despois, é a Xunta a que asume parcialmente o seu contido: no último trimestre do ano, a Cidade da Cultura acollerá a exposición de A derradeira lección do mestre.

Fariña, o best seller sobre o narcotráfico, en galego

'Fariña', o 'best seller' sobre o narcotráfico, en galego

Cando Fariña (2015) está a piques de atinxir a súa décima edición en versión orixinal -castelán-, Xerais anuncia a inminente publicación en galego da obra do xornalista Nacho Carretero (A Coruña, 1981). O best seller narra o tránsito do contrabando de tabaco ao narcotráfico en amplas zonas da costa galega.

A Xunta negocia traer a Galiza A derradeira lección do mestre de Castelao
Sería unha cesión temporal

A Xunta negocia traer a Galiza 'A derradeira lección do mestre' de Castelao

O máis célebre dos óleos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, A derradeira lección do mestre, podería visitar por primeira vez Galiza. Farao de prosperaren as negociacións da Xunta -“avanzadas”, segundo fontes coñecedoras- coa institución que acolle o cadro, o Centro Galiza de Bos Aires.
 

A fadista Ana Moura visita Galiza o vindeiro marzo
Ferrol e Pontevedra acollen os recitais

A fadista Ana Moura visita Galiza o vindeiro marzo

O vindeiro 11 de marzo a fadista Ana Moura actuará en Pontevedra. Será ás 20:00 horas no Pazo da Cultura. A artista, que ofrecerá tamén un concerto o día 10 en Ferrol, fai parada nas cidades galegas dentro da xira mundial do seu disco Moura.

Preludio do entroido en Viana do Bolo e Vilariño de Conso
Mascarada Ibérica

Preludio do entroido en Viana do Bolo e Vilariño de Conso

Os concellos ourensáns acolleron esta fin de semana a cuarta edición da Mascarada Ibérica, poñendo a máquina a ponto para un entroido que dará comezo en Xinzo apenas dentro dunha semana. Por volta de 600 persoas participaron nun desfile en que tomaron parte até 40 compañías vindas de toda a península.

1968: Manuel María inventa a poesía infantil en galego
Reedición de 'Os soños na gaiola' ilustrado por Patiño

1968: Manuel María inventa a poesía infantil en galego

Algúns dos poemas máis célebres da literatura galega atópanse nun libro humilde, cuxa primeira edición facturou un fabricante de cartóns para confitarías. Os soños na gaiola, de Manuel María, non só achegou a lingua a centos de cativas e cativos. Tamén inventou un xénero para o galego: a poesía infantil. A fundación que custodia o legado do poeta vén de editar a obra na versión máis achegada a como a concibira por primeira vez hai medio século.
 

Ribadeo convértese na capital da curtametraxe galega

Ribadeo convértese na capital da curtametraxe galega

O ciclo de cinema itinerante Ficciónate chega á Mariña este sábado, 13 de xaneiro. A proxección será no Teatro de Ribadeo ás 20:00 horas e estará seguida dun coloquio en que participarán os distintos creadores das curtametraxes expostas.

Implícate, o prato forte da fin de semana
QUE FACER?

'Implícate', o prato forte da fin de semana

Chove!

Arteixo 

Auditorio do Centro Cívico Cultural 

Sexta feira

20.00h

Espectáculo para bebés de Titereficcións que xira ao redor da chuvia, con xogos, bailes e enredos para ensinarlle ao...

Tempo de xogos e barbarie nazi [por Andrés Castro]
CRÍTICA DE CINEMA DAS SEXTAS FEIRAS

Tempo de xogos e barbarie nazi [por Andrés Castro]

Un sac de billes

(Francia-Canadá-Rep. Checa 2017, 110 min.) 

Dirección: Christian Duguay

Guión: Jonathan Allouche, Christian Duguay, Alexandra Geismar, Benoît Guichard

...
Summoning: With doom we come [por Isidro Rajo]
CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Summoning: With doom we come [por Isidro Rajo]

Só catro anos tardaron os Gardiáns da Terra Media en traer o seu novo traballo. Protector e Selenius ou, o que é o mesmo, Summoning, están de volta con With Doom We Come, un traballo que segue afondando na mitoloxía de Tolkien creando a banda sonora do seu universo literario. 

x