Deportes
O primeiro #onosoderbi da liga 17/18 será 20 de decembro en Riazor
A volta, 11 ou 13 de maio en Balaídos

O primeiro #onosoderbi da liga 17/18 será 20 de decembro en Riazor

O Deportivo iniciará a temporada de Liga 17/18 en Riazor ante o Real Madrid de Zinedine Zidane. O Celta estrearase tamén en casa recibindo en Balaídos a Real Sociedade. Os derbis galegos serán nas xornadas 17 (cuarta feira 20 de decembro en Riazor) e 36 (5 ou 6 de maio en Balaídos)

O complexo David Cal acolle o campionato galego de Piragüismo de Pista

O complexo David Cal acolle o campionato galego de Piragüismo de Pista

O Complexo Deportivo David Cal situado no encoro de Pontillón do Castro, en Verducido (Pontevedra), acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Pista 2017 para as categorías cadete e infantil nas modalidades de individual e de barcos de equipa sobre as distancias de 1.000 e 500 metros, respectivamente. A competición que dará comezo ás 9 e media da mañá do sábado puntúa para as ligas femininas e masculinas de ambas as dúas categorías.

Un ex alto cargo do PSOE, implicado nos negocios de Villar

Un ex alto cargo do PSOE, implicado nos negocios de Villar

O auto do xuíz da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz, revela unha “vinculación clientelar” entre o Grupo Santa Mónica (GSM), que xestionou os dereitos da selección española de fútbol, e a Real Federación Española de Fútbol, na que inclúe a Rafael Cortés Elvira, ex secretario de Estado para o Deporte co PSOE entre 1993 e 1996.

A representación galega, a por todas no campionato estatal de atletismo

A representación galega, a por todas no campionato estatal de atletismo

O Estadio Municipal de Joan Serrahima, en Granollers (Barcelona) acollerá, esta fin de semana, o XCVII Campionato de España de Atletismo. Un total de 42 atletas galegas e galegos tomarán parte neste evento e con moitas opcións, quer de rexistar a mellor marca persoal (MMP) quer de medallas, grazas ao seu excelente estado de forma actual que xa se deixou notar no Campionato Galego. A galega é, en número de participantes, a sétima máis representada neste campionato. A que ten máis deportistas en competición é anfitrioa, con 129.

Villar fai negocio coa celebración de partidos da selección española
Segundo fontes da investigación

Villar fai negocio coa celebración de partidos da selección española

Continúa a investigación de supostos tratos de favor do presidente da RFEF, Ángel María Villar a dirixentes territoriais para garantir a súa continuidade no cargo. Sospéitase que podería estar a obter beneficios persoais a través de distintas empresas ao impulsar a realización de partidos da selección española, a se lucrar de contraprestacións económicas en beneficio do seu fillo Gorka, avogado experto en dereito deportivo.

O galego Raúl Blanco, campión de España de biatlón

O galego Raúl Blanco, campión de España de biatlón

O campionato de España de Biatlón [natación máis atletismo] contou este ano cunha ampla participación galega. A delegación do país fixo un bon papel, con medallas de ouro, prata ou bronce en case todas as categorías da competición.

Kasparov regresa e o mundo do xadrez treme

Kasparov regresa e o mundo do xadrez treme

Despois de 12 anos afastado dos taboleiros, a lenda do xadrez volta con 54 anos para participar na competición de St Louis tras ser convidado. De momento, non está claro se a súa volta será puntual ou o comezo dunha nova etapa na súa carreira como xadrecista.

Sen débedas con Facenda, por que non pensar no retorno de Lucas?
Un crédito con Abanca permite ao Dépor aumentar o seu teito salarial

Sen débedas con Facenda, por que non pensar no retorno de Lucas?

O Deportivo pagoulle a quinta feira pasada a Facenda 43 millóns 600 mil euros. Con esa cifra dá por rematada a súa tormentosa relación coa Axencia Tributaria desde que o novo Consello de Adminstración se tivese que facer cargo da herdanza recibida, unha débeda de máis de 160 millóns de euros.

É difícil loitar contra o todopoderoso fútbol
María Sabarís

"É difícil loitar contra o todopoderoso fútbol"

A xornalista María Sabarís é a voz do Celta no Sermos e é quen esta segunda feira se achega a esta xanela do #VenhanMais5 para achegarnos as súas impresións arredor do deporte galego. Pasen e lean.

x