Deportes
A sociedade Andone-Babel, demasiado rival para un frouxo Osasuna

A sociedade Andone-Babel, demasiado rival para un frouxo Osasuna

O Dépor recuperou sensacións defensivas e apenas deu opcións a un Osasuna que non acaba de aterrar na Primeira División. Riazor viviu unha festiva apagada no intermedio, reinaron as lanternas dos telemóveis, o estadio deveu nunha constelación de vagalumes, e o mellor é que a equipa non se descentrou co incidente.

O Celta cae fronte ao Sevilla cun avultado 0-3
Hat-trick de Iborra

O Celta cae fronte ao Sevilla cun avultado 0-3

Aínda que mereceu máis, o Celta caeu ante o Sevilla 0-3 nun partido que comezou igualado. Os visitantes adiantáronse ao comezo da segunda metade e os homes de Berizzo non foron quen de lograr a que sería a sexta vitoria ligueira consecutiva en Balaídos.

O Madrid frea o Dépor no tempo de compensación
3-2

O Madrid frea o Dépor no tempo de compensación

Aínda que asinou unha gran primeira parte, o Deportivo non foi quen de traer do Bernabeu punto ningún. Os de Gaizka Garitano chegaron a darlle a volta ao marcador e deixaron un gran sabor de boca nun partido en que a actuación arbitral foi fortemente criticada.

O Celta goza en Europa

O Celta goza en Europa

A equipa celtista clasífícase para dezaseisavos da Europa League ao derrotar o Panathinaikos en Atenas (0-2) cun Guidetti de altura.

O Dépor redescobre que sabe golear

O Dépor redescobre que sabe golear

A presión psicolóxica, ese intanxíbel, pode atenazar unha equipa ou, menos frecuentemente, electrificala. Riazor desfrutou por unha vez desa segunda opción. Un Deportivo desbocado e frenético tombou a Real Sociedad nun partido memorábel. O 5-1 estaba fóra de todas as expectativas. O Dépor descobreu do que é capaz.

O Celta complícase

O Celta complícase

A equipa de gala dos celestes non foi quen de superar o Standard. O Celta xogarase o pase contra o Panathinaikos.

O Celta bota man do oficio

O Celta bota man do oficio

Hai veces en que o importante é gañar. As equipas grandes son aquelas que suman os tres pontos mesmo cando non asinan un bon partido. Iso foi o que se viviu este domingo en Balaídos. O combo de Berizzo remontou ante o Valencia cun enorme gol de Roncaglia e unha certeira cabezada de Guidetti.

O primeiro gol de Andone non abonda

O primeiro gol de Andone non abonda

10 partidos sen ver porta son unha eternidade para un punta. Acabou o pesadelo para Florin Andone en Granada, mais non por iso o Dépor tivo un día inteiramente feliz. Esta equipa está abonada a encaixar goles parvos. Voltou a acontecer este sábado. O árbitro Undiano Mallenco tampouco xogou a favor da escadra galega.