Internacional
Cinco mortos e 40 feridos nun atentado terrorista perto de Westminster
Unha das vítimas, a filla dunha galega de Betanzos

Cinco mortos e 40 feridos nun atentado terrorista perto de Westminster

Un pretenso atentado perto do Parlamento británico levou o terror esta teraza feira a Londres. Hai cinco mortos -entre eles o agresor- e 40 feridos, confirmou Scotland Yard. Unha das vítimas, de nacionalidade británica e nada en Londres, é filla dunha galega de Betanzos. O suposto terrorista, ao volante dun todoterreno, atropelou varias persoas na ponte de Westminster, e despois, armado cun coitelo, intentou entrar no Parlamento. Unha das v

Puigdemont e Junqueras oferecen a Rajoy a vía escocesa
O referendo pactado que Madrid non asumirá

Puigdemont e Junqueras oferecen a Rajoy a vía escocesa

Máis unha vez a vía escocesa sobre a mesa. Un referendo pactado. Como no Reino Unido. Iso é o que demandan de Madrid os líderes soberanistas cataláns Carles Puigdemont e Oriol Junqueras, a meio dun artigo que viu a luz esta segunda feira en El País.

Autodeterminación, un dereito de actualidade

O dereito de autodeterminación é unha reivindicación de plena actualidade. Numerosos pobos e nacións, en todos os continentes, aspiran a exercer este dereito básico recoñecido na Carta de Dereitos das Nacións Unidas, para poderen decidir sobre a súa soberanía. No Sermos Galiza 238 publicamos unha ampla reportaxe sobre este tema.

O xuízo político ao soberanismo catalán sáldase cunha condena a Mas de 2 anos de inhabilitación

O xuízo político ao soberanismo catalán sáldase cunha condena a Mas de 2 anos de inhabilitación

A causa non tiña moito sustento xurídico até o ponto de no seu día os fiscais cataláns afirmaren que non había materia delictiva. Mais os argumentos de tipo político pesaron na decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya nun auténtico xuízo ao soberanismo catalán, ao chamado procés. Artur Mas, Joana Ortega e Irene Rigau son condenados por un delito de desobediencia e son absolvidos do de prevaricación.

Microsoft, Google e Apple din que os ataques non funcionan cos seus últimos software

Assange oferece axuda ás empresas tecnolóxicas para as blindar face a CIA

Nunha conferencia de imprensa, o fundador de Wikileaks mostrou a súa disponibilidade para compartir códigos aínda non revelados que permitirían a empresas como Apple ou Microsoft blindar os seus produtos face a espionaxe da CIA. As compañías ven un problema na oferta de Assange: o que decorrería do uso de material clasificado e filtrado ilegalmente.

Wikileaks revela como a CIA utiliza o teu smartphone e a túa TV para espiarte

Wikileaks revela como a CIA utiliza o teu smartphone e a túa TV para espiarte

Ao descuberto a manchea de códigos que permiten o acceso a aparellos como os Iphone (Apple) ou aos sistemas operativos Android (Google) ou Windows (Microsoft) ou aos micrófones das smart tv de Samsung. Toneladas de información -por volta de 8.000 páxinas- foron reveladas esta terza feira por Wikileaks. A CIA, máis espida que nunca.

Stephen Hawking ve Corbyn como un desastre e pídelle que abandone a lideranza do laborismo
O científico di que aínda apoia o Labour Party

Stephen Hawking ve Corbyn "como un desastre" e pídelle que abandone a lideranza do laborismo

Pasa por ser o científico vivo máis brillante, na procura do Santo Grial da física moderna, a teoría cuántica da relatividade. Mais é tamén coñecido por ser unha persoa comprometida coa esquerda, desde os anos 60. Di simpatizar coas ideas de Corbyn, mais ao tempo pídelle que dea paso a outra persoa porque con el na lideranza o Labour Party non gañará as próximas eleccións xerais.