Memoria
Se unha administración pública repagase o espolio do Pazo de Meirás, colaboraría cos abusos
Carlos Babío, co autor de 'Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio'

"Se unha administración pública repagase o espolio do Pazo de Meirás, colaboraría cos abusos"

Ás súas costas, Carlos Babío leva máis de tres décadas de investigación ao redor do espolio do Pazo de Meirás. Un traballo que viu a luz a finais de 2017 coa publicación da obra Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, libro publicado pola Fundación Galiza Sempre que asina co historiador Manuel Pérez. Conversamos con el a raíz do anuncio da posta en venda do inmoble.

Víctor García “O Brasileiro”, 70 anos do asasinato dun comunista

Víctor García “O Brasileiro”, 70 anos do asasinato dun comunista

De acordo con distintas liñas de investigación histórica, foi executado por orde da dirección do PCE en Francia, encabezada por Santiago Carrillo e Dolores Ibárruri. A súa familia tenta en van desde hai anos a restitución da súa memoria por parte dos actuais dirixentes do partido.

O Reino de Galiza no mapa de Al Biruni
Galiza no mapa

O Reino de Galiza no mapa de Al Biruni

É unha das grandes cartografías da cultura árabe de matriz persa. Elaborado a camiño entre o século X e o XI, dátase como ano do seu remate 1030, sendo decisiva a súa influencia noutros mapas posteriores. Eis un extracto da información publicada no Sermos Galiza 284.

“As Irmandades da Fala modificaron a dinámica política galega”
Justo G. Beramendi / Historiador

“As Irmandades da Fala modificaron a dinámica política galega”

Repensar Galicia. As Irmandades da Fala é o título do volume colectivo, coordinado por Uxío-Breogán Diéguez, Carme Fernández, Pilar García Negro, Xosé Manuel González Reboredo e Justo Beramendi que recolle as achegas ao simposio do mesmo nome organizado en novembro de 2016 polo Museo do Pobo Galego, a revista Murguía, o Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) coa colaboración da Xunta.

Sé Domínguez, un nacionalista da Pondal fusilado por Franco

Sé Domínguez, un nacionalista da Pondal fusilado por Franco

Soubemos de Sé de Corzáns por Bieito Fernández, aquel antigo presidente da Sociedade nacionalista Pondal que impartía patriotismo de lei, nos seus últimos anos lucenses. Acompañando Lois Diéguez, visitámolo na súa casa da rúa Castealo, onde partillaba reflexións sobre a situación política do momento, emocionábase cos trunfos do nacionalismo, ensinábanos a súa extraordinaria biblioteca e descubríanos a loita por Galiza da súa xeración.

Roi Xordo, o dirixente irmandiño de 1431

Roi Xordo, o dirixente irmandiño de 1431

É unha figura decisiva na historia da Galiza do século XV. Segundo uns, era orixinario de Ferrol e morreu en Pontedeume nos momentos finais da irmandade. Para outros, entre eles nós, era rexedor da Coruña e morreu en Xuño de 1458 a mans de Fernán Pérez de Andrade “O Mozo”, após facer testamento un ano antes.

As revoltas do pan en Narón

As revoltas do pan en Narón

A Primeira Guerra Mundial non sucedeu en Galiza pero tamén sucedeu en Galiza. Os seus efectos no comercio internacional, combinados co eco que a Revolución Bolxevique deixou entre as clases subalternas, foron o caldo de cultivo de numerosas revoltas do pan. A Comisión Revolta Popular Marzo de 2018 quere rescatar as acontecidas en Narón cun amplo programa de actos.
 

O Tío Marcos non foi o primeiro [por Xoán Costa]

O Tío Marcos non foi o primeiro [por Xoán Costa]

Este pasado día sete de febreiro o Parlamento de Galiza oficializou o Día dos Medios en Galego a través dunha declaración lida polo seu Presidente. Na declaración explícase a elección da data, 7 de febreiro, por ser a do nacemento de O Tío Marcos d’´A Portela, afirmación que é verdade, e que vai acompañada de outra que non é: a de ser O Tío Marcos a “a primeira publicación escrita integramente en galego”.

 

Stalingrado, a batalla

Stalingrado, a batalla

Fai setenta e cinco anos, a carón do Volga, na cidade de Stalin, remataba a nai de todas as batallas, coa derrota das forzas fascistas. Un conglomerado da internacional reaccionaria, comandada por forzas alemáns e co apoio de corpos de...

No Día de Rosalía [Por Xoán Costa]

No Día de Rosalía [Por Xoán Costa]

A celebración do 24 de febreiro como Día de Rosalía parece consolidada. Mais algo tan simples como este recoñecemento demorou máis de 175 anos. Con anterioridade apenas aparece na imprensa referencia á da data de...

Galiza, un reino en Europa
"A Galiza ignorada"

Galiza, un reino en Europa

Este 2018 o semanario Sermos Galiza continúa coa sección “A Galiza ignorada”, de periodicidade mensual, que creamos o pasado ano para divulgar a nosa historia á marxe de visións estereotipadas e interesadas. Nesta primeira entrega, Cilia Torna centrarase en Galiza durante a Idade Media. Eis un extracto dela.

40 anos das mobilizacións galegas contra os Pactos da Moncloa

40 anos das mobilizacións galegas contra os Pactos da Moncloa

O 27 de xaneiro de 1978 miles de galegas e galegos saían á rúa para protestar contra os Pactos da Moncloa. Unha mobilización masiva contra uns acordos que foron asinados pola totalidade das forzas políticas e sindicais de ámbito estatal e que deterioraron as condicións de vida da clase traballadora.

As fotos de Mauthausen, na Coruña
Exposición de Francesc Boix

As fotos de Mauthausen, na Coruña

En 1940, o fotógrafo comunista catalán Francesc Boix (Barcelona, 1920 – París, 1951) caeu preso. Os nazis internárono no campo de concentración de Mauthausen, en Alemaña. Sobreviviu. E con el sobreviviron as imaxes coas que, clandestinamente, testemuñou o día a día na insitutición e o rostro dos represores. Foron usadas como proba de Cargo en Núremberg. A partir do día 1 de febreiro poderánse ver na Coruña.
 

O Estatuto en Monserrat [por Xoán Costa]

O Estatuto en Monserrat [por Xoán Costa]

O 1 de febreiro de 1938, nas Cortes celebradas en Montserrat, tivo lugar a admisión a trámite do Estatuto de Autonomía de Galicia. A sesión non se celebrou no Parlamento temendo os bombardeos sobre Barcelona. Ás 11 en...

O esboroamento do Antigo Réxime en Mondoñedo
Ensaio de Veiga Alonso

O esboroamento do Antigo Réxime en Mondoñedo

O profesor Xosé Ramón Veiga Alonso presenta esta sexta feira en Foz o seu último libro, Poder e política na Galiza vilega (editorial Bolanda). Centrada nas antigas provincias de Lugo e Mondoñedo e no período que vai de 1790 a 1833, a obra analiza o esboroamento do Antigo Réxime e a súa pelexa a vida ou morte co liberalismo.
 

Sermos publica os mapas do Reino de Galiza
Sermos280

Sermos publica os mapas do Reino de Galiza

O semanario Sermos Galiza publicará nos próximos meses varias entregas de mapas do país do período medieval. A cartografía dun tempo tan pouco coñecido como revelador da existencia do Reino de Galiza. A serie comezou neste Sermos280, disponíbel na rúa desde a pasada quinta feira.

A Academia Galega de Agricultura, o proxecto fracasado
Fanse 253 anos da súa fundación

A Academia Galega de Agricultura, o proxecto fracasado

O 20 de xaneiro de 1765, hai 253 anos, creábase na Coruña a Academia Galega de Agricultura, un órgano nacido para combater as dificultades polas que atravesaba o agro na época que nin sequera fixo os dez anos.

O día en que a Nación de Breogán retornou aos estadios
Hai 40 anos, en Balaídos

O día en que a Nación de Breogán retornou aos estadios

O 4 de decembro de 1977, aínda aberta a coitelada de catro décadas de ditadura, os xogadores do Celta saltaban ao campo de Balaídos portando unha gran bandeira galega confeccionada para a ocasión nunha factoría de pantalóns. Ao tempo, soaba por megafonía Os Pinos, descoñecido para gran parte dos presentes. A primeira vez desde a II República que a simboloxía nacional regresaba a un estadio de fútbol. E facíao pola porta grande.

 

O Mariscal en Sevilla  [por Xoán Costa]

O Mariscal en Sevilla [por Xoán Costa]

O pavillón de Galiza na exposición Ibero-Americana de Sevilla abriu en novembro de 1929. En maio tivo lugar a Semana de Arte Galega co obxectivo de "coñecer as manifestacións máis...

Unhas 200 persoas na homenaxe en Mondoñedo aos 3 asasinados da Unión Socialista Galega

Unhas 200 persoas na homenaxe en Mondoñedo aos 3 asasinados da Unión Socialista Galega

Todas as forzas políticas con representación municipal participaron no tributo. Destacou a presenza no acto da alcaldesa e presidenta do PP de Lugo, Elena Candia. En representación das familias das vítimas tomaron a palabra Pedro González -neto de Servo González- e Graciano Pardo -neto de Graciano Paz.

Guillerme de Normandía, o aliado do Reino de Galiza
A historia do cabalo galego do rei viquingo

Guillerme de Normandía, o aliado do Reino de Galiza

Eran os días en que Normandía, o reino continental dos viquingos,  aparecía como a potencia rexional do espazo atlántico europeo. A un tempo, as súas xentes navegaban a Xerusalén, peregrinaban a Compostela,...

Unha historia que non é lenda
Rearme da historiografía españolista

Unha historia que non é lenda

En tempos de incerteza, fechar filas. Iso é o que explica a recente aparición dun importante número de publicacións que tentan reivindicar o pasado español, botando peito de xeito moi particular sobre as glorias imperiais. Neste fenómeno ocupa un lugar destacado o betseller de Elvira Roca Barea, Imperiofobia y leyenda negra. Roma, Rusia, Estados Unidos y el Imperio español,

Festa da árbore [por Xoán Costa]

Festa da árbore [por Xoán Costa]

A primeira vez que a Galiza fala da Festa da árbore é setembro de 1895. Unha festa nada 20 anos antes en Nebraska, se non queremos levar conta do visto en 1569 en Mondoñedo: Luís de Luaces, alcalde, manda que cada...

Mondoñedo homenaxea tres militantes asasinados da Unión Socialista Galega
O sábado 13 de xaneiro

Mondoñedo homenaxea tres militantes asasinados da Unión Socialista Galega

A veciñanza de Mondoñedo vén de anunciar unha homenaxe a tres políticos asasinados polo fascismo o 12 de xaneiro de 1938. Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez, militantes da efémera Unións Socialista Galega -organización pioneira na síntese de socialismo e galeguismo-, serán obxecto dunha xornada de reivindicación e recoñecemento o sábado 13 de xaneiro.