Memoria
80 aniversario do asasinato de tres homes bons

80 aniversario do asasinato de tres homes bons

Hai oitenta anos, falamos do 12 de xaneiro de 1938, eran asasinados en Mondoñedo tres demócratas de practica e convicción. Siervo González, Graciano Paz e Manuel Rodríguez.

 De como A Internacional virou galega
Henrique Harguindey elaborou a actual versión no París de 1969

De como 'A Internacional' virou galega

No ronsel da represión da Comuna de París, o socialista Eugène Pottier non se deu por derrotado. Empregou a poesía para resistir. Nos meses posteriores a aquel convulso marzo de 1871 escribiu o que daría no máis difundido himno do movemento obreiro: A Internacional. Ducias de versións en ducias de idiomas multiplicaron o seu impacto. Entre elas, a galega, confeccionada en 1969 por Henrique Harguindey. Tamén en París.
 

Mondoñedo homenaxea tres veciños asasinados en 1937 polo fascismo

Mondoñedo homenaxea tres veciños asasinados en 1937 polo fascismo

Unha iniciativa veciñal, apoiada pola totalidade dos grupos que forman parte da corporación municipal, homenaxearán o 13 de xaneiro a Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez, militantes da CNT e a Unión Socialista Galega asasinados hai oitenta anos

O Reino de Galiza no atlas de Al-Idrisi
HISTORIA

O Reino de Galiza no atlas de Al-Idrisi

No que está considerado entre o século XII e o XIV o mapa máis preciso do mundo, elaborado polo máis importante xeógrafo do século XII, Abu AbdAllah Muhammad Al-Idrisi, recolle o Reino de Galiza. O ceutí mantén Galiza –espazo ocupado polo espazo cristián no territorio peninsular– e España –territorios do ámbito musulmán– como realidades diferentes. Eis un extracto da información publicada no Sermos en papel.

O Casón, unha traxedia en tres actos

O Casón, unha traxedia en tres actos

Sobe o pano. O cinco de decembro de 1987, un cargueiro de bandeira panameña embarranca fronte ás costas de Fisterra, provocando a morte de 23 dos seus 31 tripulantes, todos eles de nacionalidade chinesa. A embarcación, cargada con 1.100 toneladas, entre eles 5.000 bidóns de produtos químicos altamente inflamábeis e tóxicos, comeza a arder na tarde do dez decembro, diante da mirada de boa parte da poboación galega que seguía o suceso pola TVG

Pardo de Cela, mártir da causa galega
534 aniversario da súa execución

Pardo de Cela, mártir da causa galega

Pedro Pardo de Cela exemplifica a oposición dunha parte maioritaria da sociedade galega á política centralizadora dos Reis Católicos. Este domingo 17 de decembro é o 534 aniversario da súa execución.

“Houbo un esforzo en asociar Franco e Juan Carlos de Borbón ao redor do pazo de Meirás”
CARLOS BABÍO E MANUEL PÉREZ

“Houbo un esforzo en asociar Franco e Juan Carlos de Borbón ao redor do pazo de Meirás”

Carlos Babío, quen leva máis de 20 anos investigando ao redor do espolio do pazo de Meirás, e Manuel Pérez, historiador, son os autores de Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, obra editada pola Fundación Galiza Sempre que vén de chegar ás librarías. Afondamos no seu contido cos autores. Eis un extracto publicado no semanario Sermos Galiza.

Un filme rescata a memoria de Xoán Xesús González
Fundador da Unión Socialista Galega

Un filme rescata a memoria de Xoán Xesús González

Xoán Xesús González é unha figura de culto. Nado en Sebil (Cuntis) en 1895, canteiro de oficio, estudou despois maxisterio e dereito en Compostela e converteuse nun activo xornalista. Contactou co galeguismo intelectual e político nos anos previos á II República. E foi pioneiro en intuír que o marxismo podía contribuír a explicar a opresión nacional de Galiza. O fascismo paseouno en 1936. O filme O canteiro de Sebil, realizado pola asociación Quinteiro do Umia, repasa a súa vida e proxectarase este sábado ás oito no Teatro Principal de Compostela.
 

O Ateneo Compostelano [por Xoán Costa]

O Ateneo Compostelano [por Xoán Costa]

Os Ateneos foron institucións ambivalentes que poden ser considerados indistintamente como Academias científicas, Institutos de ensinanza ou Circo literario, moi vencelladas á aparición do espazo público liberal e burgués. Todos...

Antonio Pedrosa Latas, o fascista que dá nome a un colexio en Viveiro

Antonio Pedrosa Latas, o fascista que dá nome a un colexio en Viveiro

O pleno da corporación de Viveiro terá que decidir en breve se muda o nome do colexio de educación primaria de Celeiro, dando cumprimento á solicitude da comunidade educativa, ou se pola contra mantén a denominación actual, en homenaxe ao dirixente fascista Antonio Pedrosa Latas.

Descobren 50 novos petróglifos en Compostela

Descobren 50 novos petróglifos en Compostela

Laxes con motivos naturalistas e xeométricos, labirintos, covas, círculos e outros máis complexos, que eran descoñecidos na comarca de Compostela, como escenas de caza e equitación forman parte do repertorio iconográfico da Idade do Bronce que vén de inventariar a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. Os concellos de Santiago, Ames, Teo e Brión procuran financiamento para crear un centro de interpretación comarcal da arte rupestre.

Que a planta creza sa e no seu rego
ENSINO

Que a planta creza sa e no seu rego

O franquismo depurou máis de dúas mil mestras e mestres republicanos nos concellos coruñeses e castigou unha cuarta parte deles. Foron expulsados, trasladadas ou suspendidos durante meses ou anos. Todo o corpo docente sufriu un proceso que empezou no 36 e continuou nos anos corenta. Unha tese doutoral explica o proceso de destrución da escola para instaurar un modelo “que educará as novas xeracións no tradicionalismo e no autoritarismo”. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 272.