Social
A Mariña tamén arde

A Mariña tamén arde

Varios incendios afectaron a unha área posta como exemplo de cultivo ordenado de eucalipto.

Finsa segue a incrementar as emisións de gases contaminantes

Finsa segue a incrementar as emisións de gases contaminantes

O Rexistro Estatal de Emisións Contaminantes vén de publicar os datos dos gases producidos durante 2016 polas industrias e determina que Finsa, a factoría de chapas e taboleiros de madeira asentada en Santiago de Compostela, desprendeu 142.000.000 kg de dióxido de carbono (113% máis que o ano anterior). En canto aos residuos perigosos, a suba foi considerábel ao declarar 1.211 toneladas en 2016 fronte ás 709 de 2015. 

Contra os incendios, máis corta lumes e menos eucaliptos

Contra os incendios, máis corta lumes e menos eucaliptos

O Concello de Pontevedra aposta pola prevención a hora de loitar contra os futuros lumes que poidan darse na comarca. Tralo vivido nas últimas xornadas de incendios, o Goberno local quere revivir un antigo plan forestal coñecido coma Monte...

“O da mina en Touro é un primeiro paso dun proxecto máis amplo”
Xoán Louzao

“O da mina en Touro é un primeiro paso dun proxecto máis amplo”

O proxecto para recuperar a explotación mineira en Touro leva semanas mobilizando á veciñanza da comarca, consciente do forte impacto desta actividade. Falamos con Xoán Louzao, concelleiro do BNG en Touro e un dos rostros desta loita veciñal. “Tras a mina de Touro está unha multinacional que non ten ningún interese aquí que non sexa extraer o cobre e vendelo a quen máis pague”.

Nunca Máis: Cando fomos donos dun tempo

Nunca Máis: Cando fomos donos dun tempo

Non é casual que cada vez que se fai memoria do Prestige, daquelas semanas de novembro e decembro de 2002 nas que as institucións desertaron das súas funcións e nas que o pobo se organizou fronte á catástrofe, o discurso oficial pretenda agochar un nome, Nunca Máis, que representou a dignidade e a forza dun país que empezou a mudar a súa historia arredor dunha bandeira tinguida de loito. Publicamos un extracto do recollido no Sermos Galiza 272.

Se a loita contra a violencia machista é unha prioridade política, ten que ser unha prioridade orzamentaria
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG

"Se a loita contra a violencia machista é unha prioridade política, ten que ser unha prioridade orzamentaria"

A xornada de traballo convocada polo Bloque na mañá do sábado “Avanzando contra a violencia machista” xuntou no Parlamento de Galiza representantes da xudicatura, dos CIM e de colectivos feministas contra a violencia machista. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou que a Xunta dedique o 1% do orzamento á loita contra a violencia de xénero e xulgados especializados.

“Se a Policía non as evacuase, estarían vivas. É un insulto que a premien”
María Costas, filla dunha das vítimas en Chandebrito dos incendios de outubro

“Se a Policía non as evacuase, estarían vivas. É un insulto que a premien”

A decisión da ONCE de premiar a Policía española pola evacuación de Chandebrito (Nigrán) durante a vaga de incendios detonou a dor e o profundo malestar que albergaba María Costas, filla dunha das dúas mulleres mortas durante ese operativo. “Sentímonos insultados”, afirma en referencia ao premio aos axentes.

Unha feira para un mel único

Unha feira para un mel único

Muras acolle esta fin de semana a III Feira do Mel da Montaña, un evento no que en torno a este produto único desenvólvese un completo programa de actividades.

Inermes ante outro Prestige
Editorial #sermos272

Inermes ante outro Prestige

O maior atentado medioambiental que sofreu Galiza evidencia o abandono ao que secularmente nos someteu o Estado español. Un Estado que non viu depuradas as súas responsabilidades penais no que foi a transformación dun sinistro marítimo na...

#sermos272: a nación de Nunca Máis

Entrevistamos Ana Pontón, debullamos que foi e que fica de Nunca Máis, falamos da parte do pastel que levan empresas foráneas, da represión franquista sobre o ensino, da campaña da Xunta polo 25N e o que a mesma transloce... Todo isto, e máis, xa na nosa loxa.

Tres cartaces para o 25-N, tres perguntas aos agresores
A campaña do BNG

Tres cartaces para o 25-N, tres perguntas aos agresores

A responsábel de Acción Feminista do Bloque, Noa Presas, apresentou esta cuarta feira a campaña da formación nacionalista para o 25-N. A focaxe non é a sistémica: a campaña, no canto de se dirixir ás vítimas, interpela directamente os vitimarios. 

A urxente necesidade doutro monte
Presentación do libro de Sermos esta sexta feira en Tui

A urxente necesidade doutro monte

O abandono, a mala ordenación do territorio, o monocultivo de especies de alta combustibilidade e os cambios no clima son unha “combinación explosiva”. A gasolina que alimenta as vagas de incendios. Así o considera Alberte Blanco, ex director xeral de Montes no bipartito, e coordinador do libro colectivo O monte galego. Caos ou aproveitamento multinacional?, editado por Sermos Galiza.