Social
O Lérez, en alerta por seca debido á ausencia de choiva e ao consumo de Ence

O Lérez, en alerta por seca debido á ausencia de choiva e ao consumo de Ence

Era unha mera cuestión de tempo, nas distintas acepcións do termo. A cunca de Lérez está dende a semana pasada, de maneira oficial, en alerta por seca. Así foi ratificado polo consello reitor de Augas de Galicia, ademais de anunciar unha convocatoria de reunión para todos os concellos afectados que se realizará esta segunda feira. Pontevedra convértese no sétimo sistema hidrolóxico galego que está en alerta pola ausencia de precipitacións. De momento, chámase á tranquilidade e ao consumo responsable.

‘Prestige’: 15 anos despois, o perigo continúa
Sermos271

‘Prestige’: 15 anos despois, o perigo continúa

O 13 de novembro fanse 15 anos desde que encetara a catástrofe do Prestige. O 13 de novembro de 2002 era o primeiro de seis días que rematarían co afundimento do buque o 19 de novembro dese mesmo ano. O ano en que Galiza sufría a maior catástrofe medio ambiental da súa historia. Con motivo do 15 aniversario, Sermos Galiza afonda no número 271 na falta de competencias en seguridade marítima. Eis un extracto.

“Por ser muller sempre tes que estar demostrando que vales e iso resulta esgotador”
Ana Xesús López/Sermos271

“Por ser muller sempre tes que estar demostrando que vales e iso resulta esgotador”

Doutora en Ciencias Físicas pola USC, Ana Xesús López é profesora da Área de Enxeñaría Mecánica da UDC e forma parte do Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL). Desde 2012, é a directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, que vén de aprobar un regulamento interno que recoñece o dereito á identidade de xénero, ao permitirlle ao estudantado empregar o nome que decida. Desde decembro de 2015, é a presidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) de Galiza. Conversamos con ela sobre ciencia e xénero. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 271.

A electricidade verde chega aos Ancares da man do párroco

A electricidade verde chega aos Ancares da man do párroco

O cura de Cervantes, Ramiro Martínez, contrata o subministro de locais parroquiais en San Román, Donís e O Pandelo coa primeira comercializadora galega de enerxía renovábel. O párroco xestiona os recibos co permiso do Bispado de Lugo e espera rebaixar a factura, inda que confesa que contratou “por amizade”.

BNG alerta de que a instalación na Galiza dunha pasteira lusa eucaliptizaría aínda máis o país
Debate no Parlamento

BNG alerta de que a instalación na Galiza dunha pasteira lusa eucaliptizaría aínda máis o país

"Todo indica que imos a unha eucaliptización máis dura da que hai agora de se confirmar que a pasteira lusa Navigator Company [antiga Portucel] instala aquí unha base de compras de madeira", afirma o portavoz do BNG de Medio Rural, Xosé Luís Rivas 'Mini'. BNG levou o asunto esta sexta feira ao Parlamento. A súa proposición non de lei foi rexeitada pola maioría absoluta do PP.

Lili Gruyère ensina na biblioteca como se quere ben
Contacontos na Coruña para crianzas de 3 a 7 anos

Lili Gruyère ensina na biblioteca como se quere ben

Un programa municipal de contacontos na Coruña dirixido a nenas e nenos de 3 a 7 anos ensina a distinguir os comportamentos afectivos saudábeis daqueles que non o son. O obxectivo é combater os abusos sexuais na infancia dotando as cativas e cativos de modelos para comprender o que pasa e xerar alertas.  

Máis de 80 profesores universitarios esixen outra política forestal

Máis de 80 profesores universitarios esixen outra política forestal

As causas dos incendios son complexas e as súas solucións "poden ser difíciles de aceptar por unha parte importante da poboación". É por iso que cómpre "un amplo consenso político e social". E unha mudanza radical das políticas públicas para o rural galego. Esta é a liña argumental do manifesto Por unha nova política para o rural galego, asinado por máis de 80 profesores e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela.
 

#Sermos271: a cara B de Inditex

Máis un número do semanario na rúa. A enxeñería fiscal do xigante do téxtil para eludir impostos, as consecuencias da seca que afoga o país, os viquingos no Reino da Galiza, o ‘escapismo’ de Feijóo cos incendios son algúns dos temas que tratamos neste Sermos Galiza. Tamén entrevistamos a científica Ana Xesús López e achegámonos á figura de Pepe Temprano, un gaiteiro como poucos. Todo isto, e máis, xa na nosa loxa.

A Xustiza
Cartas ao director

A Xustiza

Alguén, cunha mínima visión imparcial, pode crer que a xustiza española é independente?

 

Existen infinitos exemplos de parcialidade, imos ver algúns: a Audiencia Nacional é...

A Xunta non pode coa defensa do Monte Pituco
Vitoria do movimento cívico

A Xunta non pode coa defensa do Monte Pituco

O polígono Marín-Pornedo nunca ocupará o Monte Pituco, no concello de Marín. Xa non. A Asociación Monte Pituco vén de gañar a primeira sentenza pola defensa deste terreo, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarara firme a resolución xudicial que ordena a exclusión desta zona do Plan Sectorial de Ordenación de áreas Empresariais de Galicia. 

O feminicidio é a punta do iceberg do aire que respiramos
Rita Segato, antropóloga e feminista

"O feminicidio é a punta do iceberg do aire que respiramos"

Para a antropóloga e feminista Rita Segato (Buenos Aires, 1951), a fase actual do capitalismo e a violencia contra as mulleres están indisolubelmente ligados. "As persoas perden a soberanía sobre a súa propia existencia nun mundo de propietarios", explica, "e ás mulleres, pola propia experiencia acumulada, non nos resulta tan estraño. Pero os homes responden con formas violentas de restauración e control".
 

A Xunta cifra en 49.171 hectáreas a superficie que ardeu na vaga de lumes

A Xunta cifra en 49.171 hectáreas a superficie que ardeu na vaga de lumes

A Xunta de Galiza cifra en 49.171 hectáreas a superficie queimada durante a vaga de lumes. No que vai de ano, arderon máis de 61.000 hectáreas de monte, catro veces máis do obxectivo definido polo Pladiga. As cifras constatan un fracaso. E antes están as vítimas, as mortes (catro), as perdas dos gandeiros e dos agricultores, o terríbel impacto ambiental do que ninguén fai cálculos porque é incalculábel. 

As traballadoras poñen fin á folga en Berskha

As traballadoras poñen fin á folga en Berskha

As traballadoras de Berskha na provincia de Pontevedra acordaron esta mañá en asamblea regresar ao traballo rematando así o conflito laboral aberto coa empresa despois de ter conseguido unha suba salarial e o compromiso por parte da empresa de que non se lles descontarán os tres días de folga deste mes de novembro.

A Agra agarda pola xente para mudar o bairro

A Agra agarda pola xente para mudar o bairro

​O programa de participación veciñal Particip-Agra botou andar esta quinta feira na Coruña cunha presentación en familia no Ágora e coa pretensión de obter resultados concretos que non obtiveron anteriores intervencións socias de carácter participativo no bairro. A diagnose repítese, a boa vontade mantense, o Concello volve a estar a favor, máis o público inda non aparece. O convite a cambiar as cousas desde abaixo agarda resposta.