Fin da greve en Leche Celta
A asemblea do persoal ratifica o preacordo. O documento supera as discriminacións salariais e laborais a respecto doutras factorías do grupo.
A asemblea do persoal ratifica o preacordo. O documento supera as discriminacións salariais e laborais a respecto doutras factorías do grupo.
Para unha de cada dez persoas ocupadas no país, a súa xornada laboral é demasiado curta para vivir. Galegos e galegas que desexan traballar máis horas cada semana, sexa no seu actual emprego ou noutro diferente. A contratación a tempo parcial representa, xunto á temporalidade, a outra cara visíbel do precario mercado laboral. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 290 ao respecto.
O persoal de Leche Celta na factoría de Meira leva tres semanas de paros e de greve para esixir unas melloras salariais e laborais das que si gozan os traballadores e traballadoras do mesmo grupo empresarial nas factorías de Ávila, Pontedeume e Santander. A partir desta cuarta intensifican as mobilizacións. “Prevemos que este conflito sexa longo”, recoñecen desde o cadro de persoal
Inspección de Traballo comunicou a Servicarne que ten que proceder a dar de alta no réxime xeral da Seguridade Social aos 5.000 traballadores que ten no conxunto do Estado español, por volta de 1.000 deles en Galiza. Unha resolución que chega após o cento de reclamacións individuais tramitadas pola CIG diante da autoridade laboral a raíz do conflito de Frigolouro. Falamos con Suso García, do sindicato nacionalista.
O premio 8 de Marzo da CIG foi nesta edición para as traballadoras de Bershka de Pontevedra, mulleres que protagonizaron o pasado mes de outubro una greve indefinida na defensa dos seus dereitos que acabou coa empresa aceptando as súas demandas. Falamos con Transi Fernández, unha das portavoces das traballadoras.
O Servizo Público de Emprego (SEPE) está a cancelar as prestacións de desemprego a persoas en paro polo feito destas non declararen no prazo legal un ingreso puntual ou mínimo obtido mentres reciben o subsidio. Unha decisión con efectos moi graves (perda do dereito á prestación) para a persoa afectada, que en moitos casos non sabe que está a ser obxecto dunha resolución da administración que pode reverter nos xulgados. O avogado Rodríguez Feixóo leva algúns destes casos.