Imprimir

Seis de cada dez universitarias viviron situacións de violencia machista

A.V. | 11 de Xaneiro de 2017

Aula universitaria _ imaxe de arquivo
Aula universitaria _ imaxe de arquivo

Así o mantén un estudo realizado por investigadoras de catro universidades. Unha cuarta parte delas son agredidas por un docente.

Catro investigadores das universidades de Barcelona, Xirona, Rovira e Virgili realizaron o primeiro estudo sobre violencia contra as mulleres nas universidades do estado español. O 62% das universitarias, conclúe, viviron situacións de violencia machista. Só se denuncian un 9 por cento das agresións. Neste traballo participaron máis dun milleiro de estudantes de diferentes universidades do estado.

As vítimas son, practicamente na súa totalidade, estudantes e unha cuarta parte delas son agredidas por un docente. Nun 16,5 dos casos o agresor é un descoñecido.

Que é violencia machista?

Que consideramos violencia machista? Case o 90% dos estudantes aseguran no estudo que non coñecen ningún caso de violencia machista mais cando se citan situacións concretas - bicos non consentidos, por exemplo- entón máis do 60% desas persoas din que si saben de casos de violencia machista.

Ademais, o 23% dos estudantes non considera unha forma de violencia que os homes lles impidan ás súas parellas falar con outra persoa. E o 26% non considera que teñan que ver con violencia os comentarios desagradables sobre a aparencia física feminina.

Os estudantes identifica violencia machista con con situacións de violencia, mais non de control ou sometemento. Tamén a relacionan con mulleres maiores e dependentes economicamente do marido.

Podes ver este artigo na próxima dirección http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/cada-dez-universitarias-viviron-situacions-violencia-machista/20170111113708054077.html


© 2017 Sermos Galiza