Imprimir

O gasto “extraordinario” do Ministerio de Defensa

Xosé Fandiño | 05 de Xaneiro de 2017

[Imaxe: Ministerio de Defensa]
[Imaxe: Ministerio de Defensa]

En virtude de dúas sentenzas do Tribunal Constitucional, o Goberno central ten que incluír nos orzamentos perto de 900 millóns anuais para pagar os Programas Especiais de Armamento (PEAS) impulsados por Aznar e prolongados por Zapatero. A factura atinxe, en total, 14.000 millóns de euros. Desvelamos a "enxeñaría orzamentaria" de Defensa, un ministerio con contas opacas.

Hai uns anos, na crónica política española era frecuente dar co argumento de que a recesión económica reduciu substancialmente o orzamento do Ministerio de Defensa. Falábase de perto dun 30% a respeito dos niveis pre-crise e das “nefastas consecuencias” que esta situación tería para a “seguridade nacional” e as relacións internacionais do Reino. Porén, nesa realidade dos números, que é tamén susceptíbel de manipulación e retorcedura, os mesmos lobbies mediáticos obviaban intencionadamente un feito: estábase comezando a pagar a factura dos Programas Especiais de Armamento, isto é, os PEAS, contratados inicialmente polo Goberno de Aznar e asumidos e mesmo prolongados parcialmente polo de Rodríguez Zapatero.

3Alén doutras consideracións, o que boa parte do arco parlamentar estatal cuestionou, mesmo desde a bancada do PSOE, foi o mecanismo empregado para lle facer fronte a estes perto de vinte plans de adquisición de armamento –buques, avións, carros de combate, helicópteros, submarinos, etc para as Forzas Armadas-: o real decreto-lei, unha fórmula que segundo a Constitución española só é xustificábel en casos de “extraordinaria e urxente necesidade”. O Goberno de Rajoy, como vén de recoñecer o propio Tribunal Constitucional nunha segunda sentenza publicada no BOE do 15 de novembro -a anterior foi apenas tres meses antes, o 10 de agosto-, empregou esta vía para pagar os primeiros prazos duns programas que han de satisfacerse regularmente –isto é, ano tras ano- até o ano 2030 a razón, aproximadamente, de duns 900-1.000 millóns por exercicio.

 

[Toda a información sobre este asunto no Sermos Galiza 228, xa á venda xa nos quiosques ou na loxa]

Podes ver este artigo na próxima dirección http://www.sermosgaliza.gal/articulo/politica/gasto-extraordinario-do-ministerio-defensa/20170104191248053951.html


© 2017 Sermos Galiza