Imprimir

Ninguén é perfecto, que diría Osgood Fielding III

Isidro Novo | 10 de Agosto de 2017

pirucho .- (Ademais doutros moitos significados) Adoita pórselle como alcume a unha persoa pequena.

Lugar de escoita.- Sur de Galiza.

Fonte.- C.D. Atalaia de Vigo./ (Fátima Castro Castiñeiras).

sacán/sacana.- Persoa de mala sona.

Lugar de escoita.- O Barbanza.

Fonte.- Constantino Prego.

sacometeiro.- Persoa que fai cousas ás agachadas, por tras: facer sacometadas.

Lugar de escoita.- O Barbanza.

Fonte.- Constantino Prego.

tangaleirán.- Persoa de pouco espírito.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

tarambeilán.- Dise da persoa irreflexiva e atolada, tarabelo.

Exemplo: “Como é tan tarambeilán, non atopa quen faga negocios con el”.

Lugar de escoita.- Burela (Mariña luguesa).

Fonte.- Mario Ferreira López.

trondia.- Persoa despistada e ignorante, que anda ou actúa sen rumbo.

Exemplo: “Ese é un trondia, que non fai cousa con cousa”.

Lugar de escoita.- Moraña e bisbarra.

Fonte.- Xosé Monteagudo.

urcado.- Persoa posuída e perigosa, capaz de causar mal e da que hai que procurar afastarse.

Lugar de escoita .- Valdeorras.

Fonte.- Ánxeles Ferrer.

Podes ver este artigo na próxima dirección http://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/ninguen-perfecto-diria-osgood-fielding-iii/20170810101940060403.html


© 2017 Sermos Galiza