Os partidos do réxime din que coa aplicación do 155 van a defender a legalidade, a sacrosanta unidade de España e a estabilidade económica dunha suposta recuperación. Unha suposta recuperación económica da que os traballadores non temos noticias, a vemos tan só dende os datos macroeconómicos. Unha recuperación que non chega a clase obreira pero parece que si a clase dominante. 

 

En esta cruzada contra o infiel separatista uníronse os partidos do sistema, PP, PSOE e CIUDADANOS. Van a aplicar o artigo 155 aínda que sexa a costa de cargarse a convivencia, os dereitos fundamentais e as liberdades. Todo en nome do Rei e de España.

 

Ao pobo, como sempre, pídenlle que pechen filas para defender interese alleos, os intereses das oligarquías.

 

A aplicación del artigo 155 é a partida de defunción da democracia española, unha democracia que ata agora moitos daban por desaparecida. A soa existencia do artigo 155 na Constitución, é unha mostra de ata que punto a transición foi unha mentira, e a Constitución do 78 a ferramenta para que nada cambie. O artigo 155 é a copia do artigo 39 da Lei Orgánica de Francisco Franco, un artigo da ditadura aplicado en "democracia". Pero para falar de Cataluña tamén prostitúen  o linguaxe.

 

Como cando nos dixo Rajoy que tiña "cesado" ao Goberno Catalán para restablecer a legalidade. Vamos a ver, como ides a "cesar" a un Goberno lexítimo elixido polo pobo?.

 

Os representantes da vontade popular non son subalternos, nin empregados, son cargos electos, son os representantes do pobo catalán.

 

O suposto “cese”, foi un golpe de Estado "legal" que roubou a soberanía do pobo catalán. Agora temos a oportunidade de contestar a algún dos grandes enigmas da nosa democracia. Para que sirve o Senado?, pensabas que para nada?, pois o senado, como a monarquía, é unha peza no engrenaxe que sirve para manter seguro ao réxime.

 

Dixo o señor Barreiro, senador do PP, que o goberno vai a defender ao pobo catalán de si mesmo aplicando o 155. 

 

Tamén decidiron defender a liberdade de expresión en Cataluña intervindo TV3, iso que insistía  el PP que pasaba en Venezuela, o fan eles en Cataluña as bravas.

 

É ademais realmente surrealista, ver ao Partido Popular, ao partido da Lei Mordaza, falando de liberdade e de democracia. Son moi pouco cribles.

 

Di o Goberno que vai a intervir TV3 para garantir a súa neutralidade. Claro para conseguir que sexan tan neutrais como en TVE, o en TVG, o en calquera outra cadea. De chiste. 

 

Sempre defendín que un Estado non pode ser unha cárcere de pobos, a convivencia lograse mediante o respeto e a negociación, non mediante a represión e da aplicación dun artigo 155 que inclúese nunha Constitución do 78, redactada baixo as ameazas do fascismo.

 

Unha Constitución que naceu para pasar páxina sen que nada cambie e para que ninguén pague polos crimes do franquismo.

 

Eu teño 43 anos e non votei a Constitución do 78, os nacidos despois de 1960 non a votamos. Pero moitos dos que votaron a Constitución, non votaron un texto, que tal vez ata descoñecían, votaban saír do franquismo, votaban democracia.  

 

De calquera xeito, é xusto recordar que tanto aquela transición, como a Constitución, foron froito dun contexto e un momento histórico determinado. E que aquelas concesións fixéronse baixo a ameaza dun novo golpe militar.

 

Entendo que có tempo que ten pasado, debería haber chegado o momento de poñer sobre a mesa a necesidade dunha nova Constituínte.

 

Agora en “democracia” e sen ameazas, ou así debería ser, teriamos que ser capaces de poñer sobre a mesa aquelo que en 1978 se deixou aparcado.

 

Cousas tan importantes como o modelo de Estado, o dereito de autodeterminación dos pobos, ou a monarquía herdada do franquismo terían agora que ser discutidas sosegadamente neste novo contexto. 

 

Pero a triste realidade é que vivimos unha perigosa involución da man do actual Goberno e os seus socios.

 

En relación a aplicación do artigo 155 en Cataluña podemos hoxe aplicar perfectamente a frase que Unamuno dedicou aos franquistas. "Venceredes, pero non convenceredes".

 

O Goberno de Rajoy é o máis parecido a unha máquina do tempo que só serve para regresar ao pasado, ao tonto e golpe a golpe camiñamos con paso firme cara 1939. En Cataluña o facherio repite tódolos tópicos da España más rancia e casposa, da España profunda, dende “a matei porque era miña” ata “a maltrato porque a quero demasiado para deixala marchar”.

 

Aqueles que nos dicimos de esquerdas non podemos dar as costas ao desexo de boa parte do pobo catalán a decidir o seu destino. E menos escudándonos na desculpa de que o proceso o dirixe a burguesía. Pois a estas alturas o proceso xa non ten máis dono que o pobo catalán.



x