Opinións de
Duarte Correa
   

Bautista somos nós

A noticia do falecemento de Bautista síntoa como un duro golpe, con el vaise algo de min, pois Bautista somos nós. Todas aquelas persoas que militamos na causa da liberación nacional e social de Galiza debémoslle a Bautista que fora unha das persoas que abriron o camiño para...

Benefactores, caridade e sociedade medieval

Nas últimas semanas levantouse unha importante polémica diante da doazón por parte da Fundación Amancio Ortega de máquinas para diagnóstico e tratamento do cancro por valor de máis de 11 millóns de euros á sanidade pública; houbo quen denunciou...

Francia con Macron, todo baixo control

Non houbo sorpresa, e ao igual que o pasado 23 de abril tamén nesta segunda volta das eleccións presidenciais francesas as enquisas previas acertaron, será o  “portador dos novos valores” Emmanuel Macron quen substitúa no Palacio do Elíseo François...

Outro capítulo da serie sobre Venezuela

Nos pasados días asistimos a outro capítulo da serie de ataques perpetrados pola maioría dos gobernos occidentais contra o lexítimo goberno de Venezuela, desta vez o tema era un suposto auto golpe de estado dado polo presidente Nicolás Maduro , dándosenos a entender que...

Son profesor e por iso vou á folga o día 9

A miúdo escoitas aquilo de:  sería bo que ensinaran educación viaria nas aulas, sería necesario que ensinaran prevención contra as drogas e o alcohol nas aulas, habería que implantar unha materia de...nas aulas, habería que darlle máis importancia...

Quen era Mário Soares?

Considero que algo que nos debe caracterizar como seres humanos é o respecto diante da morte de outro ser humano dada a dor que supón para familia e persoas achegadas, pero cando un obituario se converte nun panexírico o que se fai é agachar parte da traxectoria vital de aquel a quen...

Cinco anos despois o terrorismo segue vendendo

O día 20 fixéronse cinco anos do anuncio do fin da actividade armada por parte de ETA, e pese á lóxica desconfianza ao respecto do cumprimento dese anuncio a realidade real é que o anuncio ía en serio e desde o 20 de outubro de 2011 non se ten producido ningunha...

O Brexit do Reino Unido, primeiros apontamentos

Hai poucas horas que coñecemos a decisión adoptada onte no referendo celebrado no Reino Unido e xa temos nas tertulias aos expertos que todo o saben falando de que iso é unha loucura e de que detrás de quen apoiaron a saída da Unión Europea  están só a...

Sobre o VII Congreso do Partido Comunista de Cuba

Cuba, a súa realidade e o seu futuro son tema permanente na axenda política e mediática mundial, algo que podería resultar estraño tendo en conta que estamos a falar dunha illa de 110.860qm² e pouco máis de 11 millóns de habitantes. Pero esa illa leva 57...

Golpe de estado no Brasil

Onte na Cámara dos Deputados do Brasil produciuse un golpe de estado cando dous terzos dos 513 deputados e deputadas votaron a favor da destitución da presidenta Dilma Rousseff. Este é o terceiro golpe de estado institucional dado en América Latina nos últimos anos; lembremos...

Pois si

Pois si, Catalunya conta desde onte domingo con novo presidente da Generalitat.

Venezuela vira o rumbo

Tal e como adiantaban todas as enquisas realizadas nas semanas previas a opositora Mesa de Unidade Democrática-MUD obtivo unha contundente vitoria nas eleccións lexislativas

En Galicia se come muy bien y barato

“En Galicia se come muy bien y barato pero las playas son muy frías”, esa é a referencia que ten moita xente de fóra sobre nós

A incógnita grega

O 25 de xaneiro Grecia celebra eleccións parlamentares anticipadas e as enquisas din que as gañará Syriza quedando en segundo lugar e a pouca distancia o actual partido gobernante de dereita Nova Democracia mentres que o socialdemócrata Pasok ten perigo de desaparecer ou quedar reducido á anécdota despois de formar goberno desde xuño de 2012 con Nova Democracia.

Cuba resistiu e venceu

Eisenhower, Kennedy, Johnson, Nixon, Ford, Carter, Reagan, Bush, Clinton, Bush e Obama foron as caras do imperialismo norteamericano fronte a Cuba, as cabezas dun imperio empeñado en impedir que unha pequena illa do Caribe exercera a súa soberanía e emprendera libremente o seu propio camiño para construír unha sociedade alternativa despois de derrotar á ditadura de Fulgencio Batista.

O equipo do ensino público galego

Suso, Mercedes, Sabela, Divina, Cibrán Anxo, Xoán, Manuel, Manuel, Sonia, Olga, Anxos, Carme, Magoia, Marina, Antón, Xosé, Esperanza, Luis, Rebeca, Lucía, Arturo, Alonso, Carlos, Santi, Sara, Antón, Marta e Anxo que aparecen neste vídeo son protagonistas dun futuro que se constrúe día a día. 

Brasil e Uruguai manteñen o rumbo

Eramos moit@s quen estabamos pendentes dos resultados das eleccións de onte no Uruguai, presidenciais e lexislativas, e no Brasil, segunda volta das presidenciais, pois ademais das lóxicas repercusións que os resultados terán no futuro da poboación de ambos estados unha vitoria dos candidatos da dereita sería interpretada como o inicio do fin do ciclo de gobernos progresistas en América Latina e con toda seguridade daría pé unha nova vaga de actuacións para provocar inestabilidade política e social en outros estados que contan con gobernos progresistas.

En Bolivia seguirán construíndo o bo vivir

Os resultados das eleccións celebradas onte no Estado Plurinacional de Bolivia seguramente non serán do agrado nin do governo español que conmemoraba nese mesmo día dúas falsidades históricas como  o suposto descubrimento de América e a festa da suposta nación española. 

Brasil cun resultado axustado decidirá en segunda volta

Na segunda volta do día 26 decidirase definitivamente quen ocupará a presidencia da República Federativa do Brasil, e ese día os perto de 143 millóns de brasileiros e brasileiras que integran o censo electoral elixirán entre se Dilma Rousseff ou Aécio Neves.

Escocia votou e avanzou

Onte perto de 4,3 millóns de escoceses e escocesas con máis de 16 anos tiñan  a oportunidade de exercer mediante o voto o dereito democrático a decidir sobre o futuro da súa nación, un dereito democrático que no estado español non se permite.

Escocia somos tamén nós

Hai dez anos ninguén acreditaría en que Escocia podería encabezar o grupo de nacións que percorren o camiño cara un futuro independente e hoxe témola aí.

Exterminio

Estivemos estes días en Polonia e entre as visitas obrigadas como é lóxico non podían fallar o que se conserva do gueto xudeu de Cracovia, a reconstrución e recreación de elementos do de Varsovia (do orixinal non se conserva nada ao ter sido a cidade  totalmente arrasada na II Guerra Mundial) e os campos do complexo de exterminio de Oswiecim (nome real polaco da zona na que foron construídos polo nazis que lles deron o nome alemán e hoxe mundialmente coñecido de Auschwitz). A experiencia de visitar lugares que foron escenario de feitos históricos de trascendencia sempre me leva a reflexionar e a trasladar algúns  dos elementos deles á actualidade, consciente de que a historia non se repite pero sabedor tamén de que en determinadas ocasións a frase de Marx “a historia repítese primeiro como traxedia e despois como farsa”  é moi certa.

Os BRICS móvense

O pasado día 15 o Parlamento Europeo reunido en Bruxelas elexía por ampla maioría a  Jean-Claude Junker como presidente da Comisión Europea, unha decisión que deixa ver cal é a verdadeira faciana dunha Unión Europea que nunha época de profunda crise económica e social premia coa responsabilidade política máis importante da súa estrutura a un declarado defensor dos paraísos fiscais que non en van foi ministro de finanzas e  primeiro ministro dun deles, o Gran Ducado de Luxemburgo.

A matanza é a linguaxe política de Israel

O estado sionista de Israel está a levar adiante nestes días unha nova matanza na franxa de Gaza por medio dunha operación militar que en palabras do ministro de defensa Moshe Yaalon “non rematará en cuestión de días”, operación que se nos presenta como defensiva e en suposta resposta aos foguetes lanzados por milicianos de Hamás contra cidades israelís e que ten provocado só en tres días ducias de mortes de civís palestinos. 

x