Bautista Álvarez, patriota galego

Viñamos do cemiterio de Santo Amaro, na Coruña, de render homenaxe debida á memoria de Pedro Galán Calvete . Tal día coma hoxe, 16 de Setembro, de 1936, foi achado morto na Corveira (Culleredo) por leiteiras que ían á Coruña venderen o seu produto. Morto de...

Viva o pedestal!

Toda intervención pública, todo libro, por tanto, ou artigo ou calquer outra modalidade de intervención publicada, é susceptíbel, por esta súa natureza, de ser avaliada, criticada ou comentada. A tal efeito, quen o fixer, en mínima correspondencia, debe identificarse...

O artigo de Manuel Veiga

Refírome ao último artigo publicado neste dixital . Confeso que me resultou incomprensíbel. Manuel Veiga convértese en recensionador do recensionador ( un artigo de Francisco Rodríguez, publicado nestas mesmas páxinas , en que se fai a crítica da obra sobre...

Razón de ser dunha resolución

No fin de semana pasado e na cidade da Coruña celebrouse a XVI Asemblea Nacional do BNG, que merece todos os parabéns e, aínda máis, os desexos da mellor fortuna no traballo que temos colectivamente por diante, que non é pouco. Mais neste artigo quérome aproximar só...

Donostia-Protocolo

Publicamos a seguir a intervención da profesora da UDC María do Pilar García Negro durante o acto de apresentación do Protocolo de Donostia, realizado no Kursaal da capital guipuscoana o pasado 17 de decembro.

Nota de María Pilar García Negro ás compañeiras de Vigo

Queridas compañeiras: Ante a imposibilidade de acompañarvos neste acto, polo que vos felicito, xa que teño de intervir noutro da Coruña, quero que chegue, ben alta e clara, a miña mensaxe de adhesión á compañeira ANA PONTÓN e a miña...

O Quixote portátil, a SECC e nós

Non hai político español que se precie que non teña a man algunha cita do Quixote (non galeguizo o nome; escréboo na súa grafía orixinal). Toca este ano, en que se celebra o cuarto centenario da morte do seu autor. Chámame a atención, porque sospeito que...

En lexítima defensa

Por Teresa Barro soubemos da edición, a cargo de Xulio Ríos, dun volume titulado O perdurable legado de Fernando Pérez-Barreiro (Edicións do Cumio, 2015)

Entre o disfemismo e o eufemismo

Entre o disfemismo e o eufemismo. Por esta orde. O Bloque Nacionalista Galego leva tempo aturando unha campaña político-mediática que leva á histeria a confusión de desexos, prognósticos e realidades.

As voces da máscara

Tal é o título do último libro poético  -magnífico, por certo-  de Arcadio López-Casanova: As voces da máscara

Tres anos e medio

Pablo R. Picasso viveu na Coruña  -neno-adolescente-  tres anos e medio, desde o outono de 1891 até a primavera de 1895. 

A nosa identidaz

Cadroume ouvir un corte radiofónico do recentemente nomeado conselleiro de Cultura e de Educación, onde mencionou a lingua galega e a cultura como elementos fundamentais da nosa identidaz. 

"Varón, español, con acento gallego"

Tal definición: “varón, español, con acento gallego”, así, tal cal, figura no atestado policial dun dos compañeiros do BNG procesados

Francisco Carballo, in memoriam

O día 2 inauguramos, en Compostela, no Pazo de Fonseca, dependente da Universidade desta cidade,  unha exposición singular, organizada pola Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas e a Asoc. Cult. ‘O Galo’ que relembra o 50º aniversario da fundación, en 1964, da Unión do Povo Galego, o partido máis lonxevo e sen mudanza de nome de toda a Galiza

Carta aberta á directora da Radio Galega

Cómpreme felicitala, antes de máis, pois sen dúbida é vostede acredora, por méritos abondos, dunha das medallas que concede a Xunta de Galicia

Georges Moustaki

É incríbel a enxurrada de recordos que un nome pode despertar. Tal se pasou coa noticia recente do falecemento de Georges Moustaki.

17 de Maio: Ricardo Carvalho Calero

Descoñezo cantos membros, á altura de 1958, pertencerían á USC, daquela a única universidade galega. Si sei que, hoxe, a metade da Academia correspóndese con profesores-as que foron ou son desa universidade.

O prezo do ouro

Como pode ver calquera paseando polas nosas cidades e vilas, inzan os estabelecementos que compran ouro e oferecen a mellor taxación para quen se teña que desprender de xoias, alfaias ou obxectos que porten este metal precioso. A ninguén se oculta que tal sobredemanda ten a ver cunha...

A centralidade da lingua

    Díficil resulta atopar unha realidade social sobre a que recaian tantas asneiras como a lingua. Claro é que o fenómeno non ten nada de pecado “intelectual” e si de vulgar, por un lado, e de politizado-ideoloxizado e perverso, por outro. É lóxico que todo o mundo fale sobre a lingua ou teña unha idea dela, independentemente de coñecemento técnico-científico nengún.

Cinema galego

Acudín, o primeiro día do seu pase comercial, a ver Todo es silencio; en primeiro lugar, porque procuro asistir a todas as estreas de cinema galego ou baseadas en obras galegas e, tamén, animada por o filme se inspirar nunha das mellores, no meu xuízo, obras publicadas do autor, Manuel Rivas.

Valoración de urxencia

Pédenme unha valoración de urxencia verbo dos resultados eleitorais. A estas horas de alta madrugada, pouco máis podo dicer do que xa manifestei nunha tertulia da TVG. A fume de carozo: 1º. A abstención segue a ser un malísimo negocio para o conxunto de nós, galegas e galegos.

Ávida de galeguidade

Entre o 4 e o 12 de Outubro celebráronse, como todos os anos, as festas do San Froilán, en Lugo, sen hipérbole as máis populosas e populares de toda a nación. Nesta edición, tiven a honra de ser a súa pregoeira e puiden dispor dalgún tempo para asistir a varias das actividades previstas no programa.

A anti-campaña

Hai uns días, recebín unha chamada telefónica para me perguntar pola miña intención de voto e outras cuestións relativas á política galega. Mostrei a miña conformidade para respondelas, mais, ao cabo, non fixo falta, xa que o cupo da miña idade e do meu sexo, na cidade da Coruña, xa estaba cuberto.

Imaxes e significados

Agardei a escreber este artigo a ter comigo fisicamente o cartaz e a folla que anuncian a celebración do próximo Festigal. Coñecía a imaxe que vou comentar pola súa reprodución neste xornal dixital e diversidade de opinións que suscitou.
x