A propósito dunha biografía de Rosalía de Castro

É necesaria unha biografía de Rosalía de Castro, recoñecendo que a dificultade para a súa elaboración non é pequena. Sen dúbida trátase dunha tarefa ardua. Porén, a esta altura, posíbel e asumíbel, e moi proveitosa, de facerse con...

Atónito

É ás veces o meu estado. E non o é por desexado ou desexábel. Porén, é a consecuencia lóxica nun contexto tan preocupante por caótico e banal, no que parece ter desaparecida a pouca cavilación e análise crítica, a fondo, que unha...

Catecismo para incautos

Por se servir para alertar incautos, sinto a necesidade de puntualizar algunhas obviedades

Abonda de confusión 

Espero que os lectores e lectoras deste artigo teñan a capacidade para ver nel unha opinión persoal e intransferíbel.

Referendo Grego

Estamos vivindo unha situación tan inesperada como chea de potencialidades diverxentes para o futuro

Resurrección

Pobre país, o que antes de ser coñecido, recoñecido e asumido polos seus propios, non xa polos de fóra, padece o acoso, derrubo

A esmorga, un salto de xigante

Necesitamos falar de nós, construírmos  unha imaxe, tamén  cinematográfica, do noso mundo, o mundo galego, un anaco de humanidade con dereito a expresarse en plenitude. 

A mente americanizada

Con que naturalidade se expresa a suposta superioridade do mundo americano e da cultura capitalista occidental anglosaxona en todas as ordes, económica, política, cultural e moral!

Castelao

Un non sabe como comezar para dar conta da magnitude da ocultación, a destrución e a ignorancia desprezativa que soportan a figura, a obra e a traxectoria política de Castelao

Grave carencia

Nas actuais circunstancias de Galiza resulta moi difícil a autocompracencia, de termos conciencia de país ou conciencia do país

A sombra de Catalunya

Desacóugame o silencio social reinante na Galiza verbo do desexo maioritario da sociedade catalá de decidir libremente o seu destino ou futuro, expresado politicamente na vontade da Generalitat de convocar un referendo de autodeterminación para novembro deste ano.  Até o de agora, agás nos medios nacionalistas, naturalmente favorábeis a tal propósito, o dominante consistiu en reproducir, con baixo perfil, as consignas emanadas desde Madrid polos partidos estatais, polos medios de comunicación hexemónicos e polo Goberno central. 

O comportamento lingüístico de Rosalía de Castro

Imos entrar no problema do uso oral do galego por Rosalía e mesmo do escrito en actividades non literarias. A algúns pódelles parecer inexplicábel se non se atende ás circunstancias concretas da nosa sociedade entón, á determinación do pasado histórico e á perspectiva ou vontade organizada ou non da súa superación, así como ás novas determinacións e condicionantes nos comportamentos lingüísticos derivados das nova realidade do Estado capitalista e centralista. 

Caos ideolóxico

Resulta abraiante a frecuencia con que sae da boca da xente a descualificación e o rexeitamento da política e, sobre todo, dos “políticos”. Nunca apandaron con tanto desprestixio.  Acúsase os “políticos” de seren os responsábeis de todos os males presentes. É unha acusación tan xeneralizada como absoluta, sen matices nin graos. Dá a impresión de que todos son iguais, sen diferenzas ideolóxicas entre eles e, moito menos, diferenzas políticas prácticas. Son considerados como unha especie de caste ou clase social,  caracterizada por uns supostos intereses corporativos, alleos aos das  maiorías sociais. Convertéronse no albo de todo tipo de descualificacións, onde se proxectan todo tipo de frustracións, dificultades e desgrazas padecidas pola meirande parte da poboación.

Edward Snowden

Algo moi tenebroso e inquietante debe estar a producirse no corazón neurálxico dos USA cando algunhas persoas que pertencen, coñecen e actúan desde os seus servizos de intelixencia, senten un desacougo, un espanto e un repudio moral como para denunciaren e renunciaren a seguir colaborando e amparando omnímodos métodos de facer mal dentro e fóra das súas fronteiras. A sociedade americana foi sempre propicia a xerar, a partir dos seus moi arraigados valores individualistas, como responsabilidade e valor persoais, condutas dignas de encomio pola súa destemida defensa fronte as inxustizas do poder. Mesmo é admirábel por xerar reaccións heroicas de desobediencia e confrontación co poder e a súa capacidade de represión en contextos de grave alienación colectiva. Rechama que a denuncia e a confrontación, no canto da intimidación, se produza xustamente cando algúns individuos, sen por isto poñeren en cuestión o sistema, acadan plena conciencia da esmagadora maquinaria de control que mantén un Estado, de vocación confesional ultracapitalista, ao servizo directo dos ricos, e do seu deseño imperialista do mundo.

Rosalía e nós

Vimos de pasar unhas semanas nas que o nome de Rosalía resoou con máis frecuencia e intensidade do que é habitual. Algunhas autoridades gobernativas e institucións oficiais, alén de persoas particulares, con maior ou menor incidencia pública e con algún ou ningún coñecemento de causa, de boa ou mala intención, apuntáronse a un ritual de retórica loadora, normalmente dentro dos límites do permitido.

A capacidade de decidir: un debate necesario

Triste resulta escoitar voces pretensamente nacionalistas afirmando que non é este o momento de defender o dereito a decidir do pobo galego, concretamente no Parlamento de Galiza. Razóase desde a constatación da maioría absoluta do PP e do estado da conciencia social, expresado como síntoma nas urnas, para o desaconsellar.

Apropiación indebida e servilismo

Con estudada intención, o Presidente da Xunta, un home ao servizo dos deseños do PP para Galiza, mudou o lugar habitual da súa declaración institucional de fin de ano. Trasladouse da casa oficial de Monte Pío a, nada menos, a Casa Museo de Rosalía de Castro na Matanza.

Retrato momentáneo de Catalunya para Galiza

Aínda dándolle un maior valor significativo de como está, no plano ideolóxico e político, a sociedade catalá aos resultados do domingo 25 de novembro na Catalunya, pola tensión vivida, que aos do 21 de outubro sobre a sociedade galega, non deixan de estaren tamén condicionados pola conxuntura.

Retrato instantáneo do noso país, Galiza

Estou entre os que se viron sorprendidos polos resultados electorais do 21 de outubro. Non tanto polas derrotas e os triunfos como pola súa magnitude. Desde logo, estaba claro, a mediados da campaña, que nada permanecía nas tendencias previas á mesma. Xa que logo, algo debeu acontecer que, incidindo nas posibilidades existentes na conciencia do corpo electoral, orientou o voto da maneira en que as urnas acabaron reflectindo.

Non somos problema para España

Así de expeditivo e badoco expresouse Alberto Núñez Feixóo nunha entrevista para unha revista madrileña hai algo máis dunha semana. E non o somos porque el se encarga de cumprir coas súas obrigas de reducir o déficit público, conforme lle foi ditado polo Goberno español, por unha parte.

O problema nacional galego

Non cabe dúbida. Vivimos un momento crítico, de inflexión, en moitos aspectos. Para unha mente consciente de sermos pobo, nación, interesada en expresar a súa vontade colectiva, a perspectiva política está conformada polas necesidades, pola realidade do país co que nos identificamos, Galiza.

Retrato do triunfador indiscutido

Entre os grandes oligarcas que gozan de beneplácito público e admiración rendida de moitos cidadáns, está Bill Gates, cofundador de Microsoft. Considérase a si mesmo filántropo. Nada a ver, desde logo, cunha práctica filantrópica que puidese derivar na ruína propia. Non, en absoluto.

A de sempre

O día 1 de xullo fixemos, como é frecuente en domingo, a nosa viaxe en tren de Ferrol a Pontedeume e viceversa. Xa de volta, camiño da casa, sobre as 19.

22 páxinas!!!

Teño contacto cos xornais desde moi noviño. A miña afección ao cinema levoume a, con menos de dez anos, procurar información sobre as estreas cinematográficas en Madrid, que se producirían máis tarde en Ferrol, a través dos anuncios propagandísticos que aparecían na prensa madrileña, primeiro, e logo na ferrolá.

A nosa barbería

  Así rezaba o rótulo en letras maiúsculas situado na parte superior da única ventá, xustamente dentro do espazo das fiestras de cristal para abrir e cerrar, da barbería que frecuentaba, cando era un pícaro de entre cinco e sete anos, perto da miña casa na Malata, Serantes, concello de Ferrol. É o letreiro que produciu maior pegada no meu cerebro, a máis obsesiva e constante, de neno alfabetizado.
x