Opinións de
Mercedes Queixas
   

Hai lugares onde non existe a primavera

Hai lugares onde non existe a primavera, onde non se fai realidade o equinoccio do entretempo, a agardada transición estacional entre o inverno e o verán. Inverno e primavera van da man como un paseo preciso e natural cara á próxima eclosión de prolongadas horas de luz e...

En plan

O hiperreducionismo lingüístico –en cantidade e calidade- que nos envolve lévanos á escoita permanente dunha expresión moi á moda, tan habitual e descontextualizada como baleira de contido específico, un significante sen alma de significado ou con...

Seique

De disques e seiques está o mundo cheo é unha expresión ben aprendida na nosa casa en boca de miña nai, moi pouca amiga de incertezas rexoubeiras. Andar con disque disques ; o disque é irmán do seique ; non é disque nin seique son outros dos moitos...

Con barqueira e remador

Estes días pasados, a Illa de San Simón volveu converterse en espazo alegórico e cómplice para as palabras con memoria, arroupadas en película versificada ao redor do V Obradoiro Internacional de Tradución Poética . Esta experiencia de intercambio creativo...

O tempo… ese obxectivo

Cantos máis camiños se busquen e promovan para invisibilizar a historia dun pobo, máis se reforzarán as capas sedimentarias desa historia interna. Cómpre sermos conscientes do descoñecido ou agochado polas brétemas mestas da desmemoria programada para sermos...

O mentir pide memoria

Hai pouco preguntábanme como facía para sacar tempo para a escrita. A única resposta posíbel era dicir a verdade. Se era quen de lle dedicar tempo a labores da casa das que non gusto nada ou moi pouco, como non ía conseguir roubar tempos interrumpidos (como agora mesmo estou a...

Todo o que queda é o amor

Escribo hoxe cunha estraña e tensa friaxe nos dedos sabendo, benquerido Agustín, que será este o primeiro monólogo co que debo aprender a medir un novo tempo gobernado pola túa ausencia física en calquera encontro agardado, polo non recepción dun novo correo en...

Veraneantes alucinóxinos

Agardamos as novas da volta do verán con atención parella ás de comezos do ano novo.

A Coruña, cidade das palabras e memoria dos días

Son veciña do barrio dos Mallos-Estación, desde onde de cando en vez baixabamos á Coruña. Filla de nai e pai traballadores con horario interminábel, que defenderon a vida familiar no mostrador dun pequeno negocio familiar, vindos á cidade procedentes do éxodo rural de finais dos 60, á procura de mellor futuro para os seus fillos.

Espellos e espellismos ante o Día da Patria 

Habito un fogar que ben puidera ser definido como zona de conforto ao pé de máis de 35.000 fogares veciños galegos que malviven sen ingreso ningún, sometidos a un agresivo proceso de desigualdade e onde o cumprimento do dereito ao traballo nin sequera é garantía que asegure os mínimos dereitos humanos para evitar a exclusión e a fenda social.

Inventariar o prohibido para descatologar o silencio

A afirmación explícita que responda a pregunta Quen son? debe manexar a muda da pel da prefixación da linguaxe encriptada para a marxinalidade social da muller que opaca a luz de seu. Inventariar o prohibido para expropiar a invalidez da mentira, amparada na historia condicionada e sempre contada polos vencedores. 

Derradeira carta para Mª do Carme Kruckenberg

                                                                A Mª do Carme Kruckenberg Sanjurjo   Acaso hoxe non acudiron...

É Lei de Vida!

Os camiños da vida obrígannos a insonorizar o eco dalgunhas palabras con datas de caducidade biolóxicas para aquelas que contornan os imaxinarios máis íntimos.

O Día do Libro (Invisíbel)

Pasou o día, pasou a romaría, pensarían ao leren o título desta reflexión que agora iniciamos.

Non lles faltaría razón de non ser que, con certeza, na Coruña non houbo tal día nin tampouco romaría.

Darlle á lingua en cantidade e con calidade

Afirmar que a boa saúde dun idioma é diagnosticada a través da natural transmisión interxeracional e da fidelización intraxeracional do seu uso social pleno e, consecuentemente, ilimitado, é redundar na evidencia do acontecer lingüístico-cultural de cada comunidade.

De noite e de día

Podería suxerir este título unha reflexión sobre o paso do tempo ou sobre o rutinario movemento de rotación terrestre que regula os nosos hábitos diúrnos e nocturnos.

Declaración non institucional

O pasado 30 de xaneiro foi unha data para a multiconmemoración. 

Por unha banda, a xornada lectiva vivía o Día Escolar da Paz e Non Violencia nunha data que quere ser homenaxe renovada a Mahatma Ghandi, defensor dun ideario de paz, tolerancia, solidariedade, respecto polos dereitos humanos e xustiza social que aínda hoxe, 67 anos após o seu asasinato, precisamos para nos protexer da agresión do actual poder depredador: 

Rastros con enrugas

O relato da historia da literatura adoita reproducir unha sucesión de fotogramas de tempos e espazos, un persoal pulso ás palabras retratado para a memoria colectiva sempre condicionado por un marco externo ao que non renuncia quen asume o reto de pensar as palabras até tornear a súa cerna e modelar a morfoloxía do seu barro.

x