Opinións de
Roi Vila
 

Of trash and Men

Os acontecementos de Gamonal en Burgos permitíronos volver oír nos telexornais,  na radio e ler en prensa escrita aos xornalistas falar dos "violentos" que parece ser se mesturaron xunto con outros manifestantes, e que con forza exerceron a súa, oh, tan exaxerada e dolorosa violencia sobre cubos de lixo, outros contedores e máis obxectos da paisaxe urbana. Non é a primeira, e coido que non será a derradeira vez que este tipo de vocabulario se emprega para describir a aqueles que, dentro da multitude dos manifestantes expresan a súa raiba ou cabreo, pasando do berro ao estrago de diferentes obxectos que atopan polas rúas. 

Un bo punto de partida

Foi chegando todo o verán, e xa antes deste, unha marabillosa nova dende Francia que sendo moi lóxica no seu contexto, parece imposible que ocorra algún día aquí. Sería, nembargante moito máis que desexable. 

Non traballes fillo, estuda!

“-E que vas facer cando aprobes todas as materias pendentes e remates a carreira?- Eu quería empezar a buscar curro nalgo do meu e senón pois do que sexa e gañar algo de cartos.- E xa enviaches algún currículo?- Non... ó final farei un máster ou outra carreira tipo ADE ou económicas... Meus pais non queren que traballe aínda, que só teño 23 anos.

Faise o que se pode

  (pensamentos á saída do acto de inauguración da placa conmemorativa en memória dos Portugueses Mortos polo franquismo na Galiza durante a Guerra Civil española en Monçao)  Durante uns minutos en que a concentración se fixo de rogar, comecei a soñar cando non escapara aínda o eco dunha frase rematada de pronunciar no segundo acto do evento “...
x