Cartas açorianas (VII). Memoria da balea.

“Os baleeiros das Lajes, os vilas, andavam por esses mares a balear … com as baleias que apanhavam, derretiam no Caneiro, suas histórias para contar. Contavam-nas no mar enquanto no mar pescavam, contavam-nas por esses campos, enquanto por esses campos lidavam …” ,...

Cartas açorianas (VI). O tempo a aboiar.

  Cartas açorianas (VI). O tempo a aboiar.     “ Quando te escrevo é como se falasse contigo e estivesses, de algum modo, mais perto de mim ”, Cartas portuguesas.   Leo as Cartas portuguesas , tradución de Eugénio de Andrade,...

Cartas açorianas (V). Construír a imaxe do paraíso

Ao final, mesmo no lugar máis afastado acabamos por crear as nosas rutinas. Pasear no final da tarde polo porto, coas súas augas transparentes a pesar do tránsito marítimo e os descoidos, e atender a furto á descarga de peixe, coa sensación de estar a roubar cos ollos...

Cartas açorianas (IV). As Briandas do Arquipélago.

“E as Ilhas, como as pérolas do manto, Nymphas dispersas na fluidez das aguas,” Así describe Teófilo Braga as illas no seu poema "A infancia de Homero" ( Torrentes , 1869). Aínda que a obra nos fale de illas mediterráneas, non podo deixar de...

Cartas açorianas (III). Sabrina

“ … a ciencia actual está desprovista do atractivo falaz da antiga física, cuxos dogmas e símbolos eran propios para extraviar a razón dando carreira á imaxinación máis ardente. Desde o alto das costas das Canarias ou dos Açores, crían...

Cartas açorianas (II). Ponha aquí o seu pezinho

  “… tenho diante de mim a rica planície da Ribeira Grande, largo quadro de tons variados,  desde o loiro do trigo até ao verdeescuro do milho ”, Raul Brandão, As Ilhas Desconhecidas , 1926 “Neste trabalho os poetas não assinaram os...

Cartas açorianas (I): Rumbo á terra de Antero de Quental

“Uma província remota e imersa no seu plácido sono histórico”, Antero de Quental “… o murmúrio desse povo errante que desliza, cantado às vezes pelo silêncio dos seus poetas”, João de Melo, Gente feliz com lágrimas...

Os elefantes de Riveiro Coello

“A morte soluciónao todo para quen falece pero para os que fican xorden grandes interrogantes”

Lingua coa que queremos construírnos

Nos inicios do meu camiño cara á lingua, están os anos de instituto. É certo que eu xa traía esa fame, por iso, cando en 1980 comecei recibir as primeiras aulas de galego, acabei de saber que me faltaba. E así a lembranza daquel profesorado do IES Santo Tomé do Freixeiro, en Vigo, ten un lugar importante na memoria da lingua, como aquel primeiro manual de galego, como o Rosalinda de Fausto a soar nunha clase ateigada. 

Desde este lugar do mundo.

A literatura galega estivo convidada este ano no Festival Isla de Literatura que organiza o Instituto Cervantes de Dublín desde 2012. 

Non en 2015

Este 5 de xullo reuniuse a Academia Galega. Como cada verán era o seu cometido elixir a persoa que sería homenaxeada no ano seguinte con motivo das Letras Galegas, esa efeméride que, segundo recolle a propia Academia: “viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.” (declaración do 20 de marzo de 1963).

Xela Arias a dez marzos de distancia

Lembro saber de Xela moito antes de coñecela. Mentres escribo, vólveme a imaxe dela de mañá cedo na cafetaría que estaba ao pé da miña casa. Mirábaa e vía unha muller feita a si mesma, independente, decidida.

Antonio Fernández

Coñezo o nome do pintor desde hai moito tempo, porque así se chama o colexio de Goián, a vila en que naceu e morreu. Mais non foi até estes días, con motivo da exposición Antonio Fernández, pintor de tres mundos organizada polo Concello de Tomiño, que vin por primeira vez algún dos seus cadros e entón fiquei profundamente abraiada. Abraiada porque coñecín un pintor dunha altísima calidade, mais que pasou completamente desapercibido para a meirande parte de nós, que nin leramos nada sobre este pintor até hoxe, nin viramos ningunha exposición sobre a súa obra. Un perfecto descoñecido, mais non por ser alguén alleo a nós ou distante.

Construírmos a soberanía

"A miña patria natural é Galiza. Ámoa fervorosamente. Xamais a traizoaría,  aínda que me concedesen séculos para vivir. Adóroa máis alá da miña morte. Se o tribunal entende que 

Amiga Marica Campo:

Souben dos teus versos antes de saber que existía a escritora, case como todos. De certo cantaba os teus poemas insistentemente sen saber que eran teus, sen saber sequera que eran versos. E se onte estarrecía escoitando ese inmenso poema que é Muller, aínda hoxe non podo deixar de sentir a soidade desa muller anónima que encarna o sufrimento de todas as que padeceron fame, soidade, sometemento, esquezo.  Todas. Elas. Que son o pobo.

Pola retirada da LOMCE, folga!

Este xoves 9 de maio a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, integrada por máis de 11 entidades representantivas de toda a comunidade educativa, nais e pais, alumnado e profesorado, convoca folga no Ensino público contra a LOMCE.

Diversidade lingüística e linguas ameazadas en Europa.

  O pasado 20 de marzo, véspera do Día Internacional da Poesía, participei nun Grupo de Traballo sobre linguas ameazadas e diversidade lingüística na sede do Parlamento europeo, como representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG.

O exterminio das ideas

"Falo dun posíbel exterminio dasideas, da palabra dignidade,dese xeito en que van quebrándose as bandeiras."

Os banqueiros están ricos á súa conta

Poderiamos ser nós.Calquera de nós @ que este Nadal estivese pechad@ no concello de Gondomar, do Rosal, de Moaña, Cangas ou de Boiro. Ser calquera de nós @ que estivese ás portas do Concello de Compostela reclamando estar presente no Pleno, ser recibido polo Alcalde. Calquera de nós @ que decidise participar nunha folga de fame rotatoria en Ferrol.Porque non son potentados.