Oh Tribunal, meu Tribunal!

Resolución dictada polo Tribunal Constitucional Supremo do Imperio da Lei Máxima:   “Ante a gravidade dos últimos acontecementos e en previsión de consecuencias maiores, a iniciativa de quen corresponde e polos cauces e procedementos regulamentarios reuníuse...

A grande extinción

De cativo impresionábame o feito de que moitos dos grandes mamíferos recluídos en zoos non se reproducisen. Desde que tiven uso de razón achaqueillo á tristeza, a depresión do cautiverio levábaos á conclusión de que non pagaba a pena traer novas...

Hospital de ferro, Xustiza de palla

“Que pesa máis, un kilo de palla ou un kilo de ferro?” preguntabamos de cativos, e raro era quen non sabía o conto que non picase. Propóñovos outra adiviña, e tedes que contestar sen pensalo: “Que vale máis, un millón en cartos públicos ou en...

Escarnio e maldicer

Acabo de saber que ao ex ministro todopoderoso de Aznar lle meten catro anos de trullo por saquear una caixa de aforros que estafaba os clientes anciáns, os pequenos accionistas, en xeral a toda persoa que tivese alí os seus aforros e á propia entidade, cuxo rescate enriba acabou...

 A dignidade xeral

Hai consenso informativo xeral en condenar as portas xiratorias. En xeral aquí non quere dicir en case todos os medios senón que o consenso dase ao condenar a práctica de modo xenérico .  Se baixamos ao caso… pois iso, caso por caso. O último foi o da secretaria...

Os números cantan, e desafinan 

Leo na primeira páxina do Faro de Vigo que “Galicia xenera a mesma riqueza agora que en 2008, e con 216.000 traballadores menos”. Engádese que a economía galega medrou no último ano a un ritmo do 3%, co cal se acurta o diferencial co resto do estado. O xornal...

Santiago Rey desencadeado

Do director da exitosa Voz de Galicia , se vos gustou aquel seminal Yo protesto de hai uns tempadas, que fixo palidecer ao J’accuse…! do propio Zola, vaivos encantar A la deriva!   Extraemos da nova carta aberta de Santiago Rey Fernández-Latorre publicada hoxe domingo na...

A bote pronto

A quen lle pareza ingobernábel o novo parlamento do estado español diríalle que non coñece a miña comunidade de viciños, e a cousa vai indo.

Querer é poder

Saio tomar o café e, no camiño á terraza do Paquetá, paso por diante dun kiosko que expón a prensa na porta. Desde unha das cabeceiras, a de La Voz de Galicia, asáltame unha historia que enche a cuberta de oriente a  poñente con tipo de letra ciclópeo, sen aforrar en tinta: “La Xunta quiere sustituír al 50% de los docentes jubilados con personal fijo”. 

A Real 'Acomedia' Galega

Téñome dito que non me compensa volver opinar sobre o Día das Letras Galegas. Fíxeno arreo e por escrito e non cambiei de opinión, pero a circunstancia cómica da elección de Filgueira Valverde e o exceso de tempo libre vólvenme aguilloar. A situación é cómica non por risíbel, a non ser que nos refiramos á que a Academia se debe estar descolloando de como nola meten dobrada. É cómica cando un imaxina o proceso de elección, que pode non ser como o vou describir, pero a imaxinación é libre.

A familia e a política

Imaxinade unha familia na que se plantexa a cuestión espiñenta do menú do día seguinte, unha verdadeira cruz para quen ten que ocuparse do asunto un día tras outro. Na casa viven cinco persoas: unha parella, unha avoa, unha neta e un neto. O cativo e a cativa prefiren os filetes de tenreira con patacas fritidas, os tres maiores unha pescada cocida con acelgas. Faise isto último porque é o que quere a maioría. 

Galeras. Pola brava

Veño de ler que en Compostela se proxecta facer unha entrada para un parking e unha rotonda nova e que hai protestas, os concentrados falan dun novo Gamonal. Parece pouca cousa, todo máis para un breve na prensa local, pero cando furamos nos medios atopamos motivos para sobrados para a indignación. 

A quedada de Davos

Ultimamente dame por facer cousas aburridas, apréndese moito. Un día leo unha convocatoria do DOG, outro día un artigo de Mario Conde. Hoxe acabo de revisar a lista (encántanme as listas) dos asistentes ao Foro Económico Mundial de Davos, 2500, despois de ler que este ano pola banda da cultura ía Matt Damon. Que pinta Matt Damon alí? Vai dar unha conferencia filantrópica? Cre que vai convencer a alguén de algo? Vai exercer de nai no parque para aprenderlles aos críos que hai que ser boíños e compartir? Outros anos estaba Bono, ben, Bono é un fixo. Pero entroume a dúbida: Ía alguén máis? Na web de The Guardian atopei a lista enteira. 

A retroviaxe

 Volvo visitar Lisboa e sigo a moverme cun mapa na man. O mapa é para nós, a cidade e máis eu, o que para outros amantes é o preservativo no peto.

Lecturas de verán

Non por lixeiras senón porque o verán é o tempo dos calafríos. Refírome ao novo libro de Al Gore, o vicepresidente de Clinton: The Future. Six Drivers of Global Change. Non me imaxinaba eu lendo a Al Gore pero a feliz recomendación dun amigo levoume a el. Aínda así contaba con saltar dun lugar común noutro arredor do “ecoloxismo de estado”. Palla haina, pero tamén metralla.

A política e o ouro

Asistín en Carballo a unha palestra da Plataforma pola defensa de Corcoesto. As condicións eran, para min que viña de fóra, as peores que podían darse para que alí se xuntase xente: quinta-feira de Semana Santa, cunha arroiada que nos facía medrar as branquias e todo para escoitar a conferencia académica dunha doutora universitaria en Ciencias Químicas que traballa no Centro de Investigacións Oncolóxicas de Madrid

Son o demo

“Son” pode referirse a min e a eles. É as dúas cousas.Vivo en Vigo e nesta cidade a presenza da Igrexa é nula, salvo no acto social da procesión do Cristo, no que a actividade comercial en torno ás candeas e as roscas do Cristaleiro se dispara.

A nosa dictadura

A frase de Rajoy: “sei que non cumprín as miñas promesas pero sinto que cumprín co meu deber” sitúase ao noso ver entre as máis dramáticas que se teñen dito nos últimos tempos, vindo a certificar sen veos nin eufemismos o que os acontecementos xa viñan pondo en práctica desde hai anos: a disociación antagónica entre os gobernantes e a cidadanía.

O goberno clandestino

Volvo ler na prensa celulítica unha das frases da neolingua conservadora que me deixa esparavanado. É o titular que enche a cuberta, neste caso referida á Xunta: “O goberno galego consegue colocar 1025 millóns de euros de débeda en tan só catro días”. Engádese que a demanda duplicou a oferta e explícase que se poderían ter colocado máis de 2000 millóns.

Arsénico, por compaixón

Así titulaba Frank Capra unha das súas películas máis famosas. Nela, dúas encantadoras avoíñas octoxenarias que alugaban cuartos na casa envelenaban sistematicamente aos seus inquilinos.

Franco, Beiras e o ouro do Anllóns

Hai uns días escribía X L Franco Grande un artigo en La Voz de Galicia que titulaba: Carta a X. M. Beiras, un artigo que comezaba coas palabras “Meu amigo”. Se eu fose Beiras xa me poría en garda. Cando alguén comeza unha columna así é que vén por nós, ademais de que estas

O veleno blindado

Afirma a Xunta que nos orzamentos de 2013 se “blindan” os servizos sociais.Un escoita a palabra blindado e pensa en carros de combate con canón de 70 mm., en vehículos de dictadores cos vidros tintados, en chalecos antibalas, na liña Maginot... A blindaxe asóciase sempre ao perigo, ao ataque que sen blindaxe pasaría a ser mortal. Non nos inspira pois confianza que se fale neses termos da sanidade ou a educación.

A india Malinche e os premios capados

Hai que ver o partido que se lle pode sacar a unha cita. Non sei cantas veces levo contado aquel chiste que Freud recolle no seu libro de 1905, O chiste e a súa relación co inconsciente, no que dous xudeus se encontran na rúa e un deles lle pide prestado ao outro vintecinco floríns da época.

Aportacións ao novo Código Penal

Hoxe ímos ser ben guiados e non falaremos das eleccións. Como é xornada de reflexión estaba eu pensando e ocorréronseme unhas lixeiras modificacións do Código Penal. Non só o ministro de xustiza pensa, e xa que el abriu a veda: Que aos políticos que prometen branco e dan negro lles caian entre catro e seis anos de cárcere.

Feijóo-Jorquera-Vázquez

Durante o torneo triangular Feijóo-Jorquera-Vázquez debo confesar que estiven máis pendente do reloxo que marcaba os tempos que dos discursos dos contendentes. Que se a fulano lle restaban vinte segundos, que se mengano se pasaba oito, vintedous! Que eses números se poñían vermellos e parecía que algo ía estoupar... Ás veces o tempo avanzaba e ás veces era unha conta atrás.

A neutralidade e as hostias

Seica a Xunta do P.P. foi amoestada sete veces na pre-campaña pola súa homónima, a xunta electoral. Na maior parte das ocasións por excesos publicitarios de última hora, coma quen ve que a noite avanza e segue sen ligar, e daquela toma outra copa ou esnifa outra raia para armarse de valor.

A vida do B(NG)rian e as tomas alternativas

Achégase o protagonista da Vida de Brian aos catro activistas subversivos nas bancadas do Circo e pregúntalles: -Sodes da Fronte Popular Xudaica? -Vai á merda!- contesta o líder, e con ton burlento repite: -A Fronte Popular Xudaica! Nós somos da Fronte Popular de Xudea. -Podo unirme ao voso grupo?- pregunta Brian. -Non! Pérdete! -Pero eu odio aos romanos tanto coma calquera.

Un programa de esquerdas

Aberta a ventá das eleccións, acabo de decidir que me presento. Que carallo! Sempre votando, sempre votando e despois son outros os que fan. Pois desta vez non. Aínda non confeccionei as listas pero xa teño un programa feito con retallos do que ultimamente levan proposto uns e outros, non hai ninguna idea propia. Nin siquera é un programa, son ideas soltas que se me ocorren ao fío da actualidade. Velaí:1.

A realidade ponderada

O outro día fun tomar café e cobráronme vinte céntimos máis porque seica había unha norma nova e, dependendo da mesa na que un sente, o prezo varía: así equilíbranse os ingresos por zonas da cafetería e mesmo mesa a mesa, algo fundamental para evitar desviacións contabeis.

O queixo e a revolución

No Alcampo de Coia, en Vigo, vexo como unha muller de cincuenta anos apaña do andel máis alto dous queixos enteiros García Baquero de ovella, curado e vello. Non elixe mal e quen saiba algo de queixo sabe que os bos queixos... canto máis grandes, mellor sabor teñen. Ese mesmo García Baquero cun tinto seco ben escollido é unha gloria no padal.
x