O artigo 2º da Constitución foi imposto polo Exército

O 6 de decembro a Constitución Española está de aniversario. Como todos os anos, escoitaremos que foi o resultado dun consenso entre todas as forzas políticas. Unha Constitución que se elabora nunha Transición da ditadura á democracia, cualificada como...

España como paraíso das fundacións fascistas

O BNG denunciaba na Fiscalía a Fundación Francisco Franco por “delito de odio” despois das declaracións de Jaime Alonso , portavoz desa fundación: “Franco non fusilaba por capricho”; “Foron represaliados por algo”. Por outra parte, o BNG...

Mobilización cívica para defender as urnas no referendo

O pobo de Catalunya está a dar un extraordinario exemplo de civismo e de mobilización pacífica en defensa do dereito a decidir, a través do referendo de autodeterminación convocado para o 1 de outubro.   En realidade, hai dúas campañas, perfectamente...

Fraga e Paco Vázquez tiñan a solución

O tema da ocupación de Cataluña e o posíbel uso do exército non é nada novo. Falo destes temas no meu libro O poder na Coruña. De Vázquez a Negreira  (Laiovento, 2015). Recupero ese texto porque os discípulos do “Camarada” Manuel Fraga non...

Elección do novo goberno: a vía do IBEX 35

A elección do novo goberno cada día está máis lonxe porque aínda non deron coa boa vía. Andan despistados en mil negociacións como se isto fose cousa dos partidos políticos e por aí van a unha vía morta. Nos medios de comunicación...

Grupo Parlamentar Galego: falemos claro

Un mes despois das eleccións xerais, xa sabemos a configuración dos distintos grupos no Congreso: non haberá Grupo Parlamentar Galego.

“Anda fuera, criminales!”

Escribo este artigo o 20N en homenaxe a miña nai, cando se cumpre o 40ª aniversario da morte do criminal Franco

Eu si son político e de esquerdas

Nunca pensei que, despois de 40 anos de democracia, fose necesario facer esta confesión: eu si son político e de esquerdas. Confeso que milito desde hai case 50 anos, que ocupei responsabilidades institucionais e políticas, e que nunca ingresei un euro por esa actividade.

Cidadáns como complemento do PP

En política as cousas non pasan por casualidade, senón que teñen unha explicación. Situémonos en 1982 cun goberno de maioría absoluta do PSOE. Os poderes fácticos consideraban que, despois da descomposición da UCD e para frear a consolidación no goberno do PSOE, era necesario impulsar unha alternativa de centro para todo o Estado. 

A xustiza non é inocente

No PP están eufóricos despois das dúas últimas sentenzas relacionadas con concelleiras e concelleiros de Santiago, mais cómpre explicar que a xustiza non é inocente porque está moi condicionada. Para centrar o tema, comezamos cunha frase de Pepe Mújica, ex-presidente de Uruguai: “Quiero saber la verdad, pero en la justicia no creo un carajo”.

Goberno do PP da Coruña: unha “axencia de colocación”

Diciamos nestas mesmas páxinas en febreiro de 2014 que “Dios” tamén debe demitir. Despois de moitos meses de investigación da Pikachu, derivación coruñesa da operación Pokémon, a xuíza Pilar de Lara chega á conclusión de que o goberno do PP da Coruña converteuse nunha axencia de colocación.

Francisco Vázquez ten a solución: tanques para Cataluña

Francisco Vázquez non podía quedar calado ante a convocatoria do 9 de novembro de 2014 en Cataluña e participaba na lectura dun manifesto, impulsado por Libres e Iguales, plataforma que tiña como portavoz á xornalista, deputada do PP e XIII Marquesa de Casa Fuerte, Cayetana Álvarez de Toledo. 

Operación Zeta: así conseguiu o PP a alcaldía da Coruña

A chamada Operación Zeta (a Policía colle o nome da primeira academia de Gerardo Crespo, principal implicado) desvela cousas sobre o PP que non son nada novas, pero aparece tamén informacións moi interesantes, resultado dos rexistros e dos pinchazos de teléfonos, que poñen ao descuberto toda unha estratexia, perfectamente planificada, para conquistar a alcaldía da Coruña.

A ONU es os dereitos humanos

A visita a Galicia en xaneiro de 2014 de Pablo de Greiff, Relator Especial das Nacións Unidas sobre a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, permite facer un balance do cumprimento por parte do Goberno español da lexislación internacional sobre dereitos humanos, das resolucións da ONU e da Lei de Memoria Histórica de decembro de 2007.

Despois da abdicación de Juan Carlos, que o pobo decida (2ª parte)

Para coñecer un pouco máis sobre a monarquía e Juan Carlos Borbón, pode ser de utilidade un escrito de Amadeo Martínez Inglés, coronel do Exército e Diplomado de Estado Maior, enviado a un xuíz da Audiencia Nacional que lle abriu expediente por “inxurias á coroa” despois da publicación do artigo de opinión “Por qué te callas ahora?” con graves acusacións contra Juan Carlos.

Abdicación do rei Juan Carlos (1ª parte)

A abdicación non pretende outra cousa que salvar a monarquía española. Intentan escamotear o problema de fondo: non hai que decidir hoxe sobre quen vai ser o rei, senón se queremos monarquía ou república. O pobo debe decidir e iso é o democrático.

As virxes e a saída da crise

Hoxe toca falar de política de altura, é dicir, de política divina. O goberno do PP está a poñer todos os medios posíbeis para saír da crise, incluída a petición de axuda a deuses, santos, apóstolo Santiago ou Santa Teresa. E ultimamente está centrando o seu traballo en solicitar o auxilio de numerosas virxes.

Merecida homenaxe a Domingos Merino

O martes, 29 de abril, ás 20 horas no Circo de Artesáns da Coruña, Domingos Merino vai recibir unha merecida homenaxe. Foi o primeiro alcalde nacionalista da Coruña elixido democraticamente, que tomaba posesión en abril de 1979 cando tiña 39 anos. Non podemos esquecer que outros alcaldes como Alfonso Molina e José Manuel Liaño Flores foron  nomeados a dedo polos seus servizos á ditadura franquista.

“Dios” tamén debe demitir

Xa sabemos que aquí non demite nin dios, mais nesta ocasión, “Dios” tamén debe demitir. Estou a falar da Pikachu, variante coruñesa da operación Pokémon.

Unha monarquía caduca e corrupta

 A infanta Cristina vai declarar o 8 de febreiro como imputada polos “supostos delitos fiscais e de branqueo de capitais nos que houbese podido incorrer a raíz da súa participación na entidade Aizoon S.L”, mais non debemos esquecer o tema de fondo: hai que acabar con esta monarquía caduca e corrupta.

Os criminais do Prestige e o cinismo do PP

Recuperamos a memoria histórica e falamos xa dos crimes contra a humanidade do franquismo, poñendo nomes e apelidos aos criminais, entre eles ministros de Franco, como Manuel Fraga. Os principais responsábeis políticos da catástrofe do Prestige non estaban no banco dos acusados. Cando se coñece a sentenza, os medios de comunicación falan de “crime sen castigo”. É hora de falar dos criminais que cometeron ese crime.

O submarino que non flota

Din que hai que apertarse o cinto porque non hai cartos. Os Orzamentos Xerais do Estado recortan as partidas de educación, sanidade, servizos sociais, etc, pero non hai problema para incrementar o gasto militar. O último despropósito é o gasto extra de máis de 200 millóns de euros para amañar un submarino que non flota.

Vítimas do terrorismo de Estado

En xullo de 2011 o Congreso aprobaba a nova Lei de Vítimas do Terrorismo e o Consello de Ministros do pasado 6 de setembro aprobaba un regulamento para o desenvolvemento da citada lei. Este regulamento, que recolle alegacións presentadas por algunhas asociacións, amplía as indemnizacións (dedica 77 millóns de euros para as axudas) e ten un carácter retroactivo desde 1960.

Os modelos ou referentes políticos do PP

Todas as organizacións políticas teñen uns referentes políticos, persoas que difunden o discurso, encabezan as listas electorais e que poñen como exemplo para conseguir o apoio da cidadanía. Estes son algúns dos modelos que difundiu o PP nos últimos anos:

x